|
Article on other languages:
|
O xeo é o nome dado a calquera das 14 fases sólidas coñecidas da auga. Nun contexto non científico, úsase para discribir unha desas fases, de cristal hexagonal, que é a fase que abonda mais. O seu aspecto é vítreo, semitransparente, incluso azul-branqueciño dependendo da presenza de impurezas tales como o ar.
CaracterísticasEn canto un sólido cristalino natural, o xeo considérase un mineral formado por óxido de hidróxeno. A súa densidade é inferior á da auga, ficando en 0,92; o seu punto de fusión é 0° C (á presión estándar). A mesma masa da auga varía de volumes dependendo do estado (líquido ou sólido, o feito distintivo é que, ao contrario da maioría dos sólidos, o xeo no seu punto de fusión preséntase máis dilatado cá súa forma líquida a 4°C. Isto permite que a capa de xeo de ríos/lagos permaneza na superficie e isole o resto da masa de auga, deste xeito non chega a conxelarse en moitos casos a totalidade do río/lago. Fases do xeoA forma cristalina que adopta o xeo en función da presión e temperatura pódese representar nun diagrama de fase:
UsosO xeo emprégase con fins terapéuticos e na conservación de alimentos, entre outros usos. Vexa taménArticle keywords: banh xeo recipe, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.