|
Article on other languages:
|
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft. Entre as características principais da consola, pódese recalcar que foi a primeira en estar equipada cun disco duro para o almacenamiento de xogos salvados, memoria caché durante o xogo e descarga de contido adicional a través de Xbox Live.
Situación de mercadoDesde a súa saída tivo un gran éxito en América e Europa, pero foi superada por PlayStation 2 en Xapón. Xbox foi primeira en vendas no Reino Unido e outros países como México, Australia e Nova Celandia. Foi segunda en vendas no mercado de Estados Unidos e Porto Rico. No resto dos países europeos foi terceira en vendas, moi preto da Nintendo GameCube. Dise que a estratexia de Microsoft non era o beneficio senón a penetración no mercado das videoconsolas, principalmente o mercado estadounidense, entón dominado por Sony e Nintendo. Videoconsolas competidorasVexase TaménLigazóns Externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.