|
Article on other languages:
|
O Xapón (en xaponés, Nippon ou Nihon), é un país do Extremo Oriente, formado por un arquipélago, situado ao longo da costa leste da Asia, enteiramente dentro da zona temperada. A súa área territorial é de 377.815 km², e a densidade media da poboación (aproximadamente 328 hab./km²) faise máis impresionante cando se sabe que máis do 70% da superficie do país constitúena montañas inhabitábeis. Comprende as catro grandes illas de Honshu (a máis extensa e longa) ou Hondo, Shikoku (nun entrante ó sur da anterior), Kyushu (ó sur) e Hokkaido (a máis norteña), alén de máis de tres mil illas menores nas adxacencias, localizadas entre o Mar de Okhotsk a norte, o Océano Pacífico a oeste e ao sur e o Mar da China Oriental e o Mar do Xapón a oeste. A través do Mar do Xapón e do Mar de Okhotsk, contacta con Rusia, o Estreito da Corea, ao sueste, lígaa á Corea do Sur, e no estremo sur das illas Ryukyu achégase a Taiwan. A sua poboación, estimada en 2007, era de 127.433.494 habitantes. A capital, Toquio, é a maior concentración urbana do mundo. O movemento de placas da cortiza terrestre na zona, afundindo a placa do Pacífico no norte e a das Filipinas no sur. fan do Xapón un lugar inestable xeoloxicamente, cuns 1500 sismos ó ano e frecuentes erupcións volcánicas.
HistoriaPolíticaSubdivisónsAs 47 provincias (Prefecturas) do Xapón son as seguintes:
XeografíaO Xapón é un país insular que se estende ao longo da costa leste, ou Pacífica, da Asia. As illas principais, de norte a sur, son: Hokkaido, Honshu (ou Hondo), Shikoku e Kyushu. Alén destas illas maiores, o Xapón inclúe numerosas illas máis pequenas, preto de 3.000, parte das cales constitúen as illas Ryukyu, que se estenden ao sueste de Kyushu ata preto de Taiwan. Nas illas Ryukyu tamén fica Yonaguni, a illa máis occidental do Xapón. Arredor do 73% do país é montañoso, cunha cordilleira a ocupar o centro de cada unha das illas principais. A montaña máis alta do Xapón é o famoso monte Fuji, con 3.776 m de altitude. EconomíaAs principais actividades económicas do Xapón concéntranse nas illas de Hokkaido, Honshu, Shikoku e Kiushu. Para acurtar a distancia entre as illas, os enxeñeiros xaponeseses construíron dous túneles e unha ponte entre Honshu e Kiushu. Entre Honshu e Shikoku estanse construíndo dúas grandes pontes; un inmenso túnel de 54 km liga Honshu e Hokkaido. Cerca do 80% do territorio xaponés presenta un relevo montañoso. As montañas das illas Honshu, Shikoku e Kiushu exhiben unha vasta vexetación tropical. A illa de Hokkaido está cuberta pola taiga. Esas condicións permitiron unha intensa utilización da madeira, mesmo para a construción de embarcacións. Aínda tendo un relevo maiormente montañoso, o cultivo tradicional é o arroz (rizicultura). mais hai moito que o país se dedica tamén á pesca, explotada simultaneamente por pequenas e grandes empresas. Atópanse pequenos portos pesqueiros por toda a sua área costeira, principalmente no litoral do Océano Pacífico, que ten as augas máis ricas en peixe. Ata a metade do século XIX, a rizicultura foi a principal actividade económica do Xapón. Iso mostra o espírito traballador do pobo xaponés que, ao longo da historia, precisou conquistar un medio natural particulamente inhóspito para as actividades agrícolas: apenas o 16% do território xaponés son planicies. A rizicultura transformou a chaira de Kanto na zona máis densamente poboada do país. Iso garantiu un mercado consumidor para a industria que se estabeleceu na era Meiji. A ocorrencia de catro estacións do ano nitidamente marcadas proveen a calor e humidade que o cultivo do arroz exixe. O emprego de irrigación constante favorece o seu desenvolvemento. Mesmo despois de terse transformado nun dos países mais industrializados do mundo, o Xapón mantivo a agricultura como unha das suas actividades estratéxicas. Mais os intereses industriais e urbanos medraron nas áreas que foran tradicionalmente ocupada por labouras. A diminuición da área cultivada ven sendo compensada polo constante aumento da produtividade, grazas á aplicación de técnicas avanzadas e de novos instrumentos. Hoxe en día, a actividade agricola xaponesa ten unha importancia máis histórica e cultural, pois é posible importar os outros produtos a prezos ben mais baixos. Un dos focos de conflitos diplomáticos no Xapón é a sua política proteccionista. DemografiaCulturaA cultura xaponesa foi historicamente influenciada maiormente pola cultura chinesa (grandemente a través do budismo) e, a través dela, polas culturas clásicas grega e indiana, así como pola próxima cultura da Corea. No último século, a cultura xaponesa tivo unha influencia principal da Europa e da América, especialmente da cultura anglosaxoa. O Xapón xerou un complexo único de artes (ikebana, origami, ukiyo-e), técnicas artesanais (bonecas, obxectos lacados, cerámica), espectáculo (danza, kabuki, teatro noh, raku-go), e tradicións (xogos, onsen, sento, cerimonia do té), alén dunha culinaria única. O Xapón actual é un dos maiores exportadores do mundo de cultura popular. Os debuxos animados, filmes, literatura e música xaponeses acadaron popularidade en todo o mundo, e especialmente nos outros países asiáticos. Incluso a relixión zen está a ser exportada ao Occidente con relativo éxito. Feriados
Véxase tamén
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.