|
Con frecuencia atopamos enlaces que por erro ou ambigüidade se refiren a artigos con títulos homónimos (palabras que teñen dous ou máis significados diferentes e que se escriben ou pronuncian igual). Para evitar iso existen as páxinas de homónimos, que conteñen unha lista de ligazóns ás páxinas que inclúen no seu título a palabra homónima. Pódese ver unha lista das páxinas de homónimos na: Categoría:Homónimos. Nesas páxinas inclúese a seguinte mensaxe: Como crear unha páxina de homónimosPrimeiro créase unha páxina normal. Para incluír esa mensaxe na páxina existe un modelo chamado {{Homónimos}} que fai que a páxina apareza automaticamente na lista da categoría Homónimos. Só hai que escribir na parte superior da páxina {{Homónimos}} (lembre non se debe copiar o texto da mensaxe na páxina, basta con introducir {{Homónimos}}). Referencias nas páxinasPódese anunciar a existencia de páxinas homónimas empregando o marcador {{Outroshomónimos}} (como usalo), como aparece, por exemplo, no artigo Tempo.
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.