|
Article on other languages:
|
Algúns artigos da Wikipedia poden incluír ficheiros de son ou video. Para reproducilos, o seu ordenador debe dispor do software apropiado; se non dispón del, existen reprodutores libres dispoñíbeis na internet. Os ficheiros de son empregan normalmente o formato de audio Vorbis e os de vídeo o Theora. Trátase de formatos parecidos a outros frecuentes como MP3 e MPEG. A diferenza estriba en que estes formatos Ogg son completamente libres, abertos e non arrastran problemas de patentes (vexa o artigo sobre o software libre). Os ordenadores con Microsoft Windows non os reproducen por omisión e requiren que se instale software adicional. Os ficheiros de música poden empregar o formato MIDI. Normalmente MIDI non require novo software, xa que a maioría dos ordenadores dispoñen dunha tarxeta de son que o entende directamente. Para colocar un ficheiro de audio nun artigo pódese facer uso do modelo {{Audio}}.
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.