|
Article on other languages:
|
O violoncello é un instrumento musical de corda friccionada pertencente á familia do violino e de tamaño e rexistro entre a viola e o contrabaixo. Tócase refregando un arco coas cordas e co instrumento suxeito entre as pernas do violoncellista. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta, sendo estas La(I)-Re(II)-Sol(III)-Do(IV), ou en notación absoluta, La3-Re3-Sol2-Do2, unha oitava máis grave que a viola. O seu nome provén do italiano e quer dicir "violón pequeno"; o violón era un instrumento semellante ao contrabaixo. Os violoncellos comezaron a construírse a finais do século XVI pero non fixaron as súas medidas actuais até principios do século XVIII.
Primeiro plano do arco
Tradicionalmente é considerado un dos instrumentos de corda que máis se asemella á voz humana. Ó longo da historia da música compuxéronse moitas obras para violoncello debido á súa grande importancia dentro do panorama musical, ao ser este un instrumento básico en moitas formacións instrumentais.
DescriciónXeralidadesAs partes do violoncello son practicamente as mesmas que as do resto de instrumentos de corda friccionada. A caixa de resonancia, ou corpo do violoncello, está formada por unha tapa superior, unha tapa inferior, e unha faixa, que é unha sección de madeira que une ambas tapas, creando unha caixa oca. No interior deste corpo está o bastidor, que é unha estrutura de reforzo das tapas e serve para controla-la vibración, e a alma, variña transversal de madeira que une as dúas tapas do violoncello pola súa parte media, e serve para que o violoncello entre en resonancia coas cordas. Na tapa superior atópanse dous orificios por onde sae o son, e chámanse efes (pola súa forma asemellada a esta letra) ou oídos. A ámbolos lados do corpo, hai dúas escotes, que son dúas concavidades que permiten unha mellor suxección do instrumento cos xeonllos e, sobre todo, permiten que pase o arco e non choque co corpo cando se tocan as cordas máis laterais, neste caso, o do e o la, arredor desta caixa, na que se atopan o resto de estruturas. Comezando dende arriba, primeiro se encontra a cabeza (coa voluta e o caravilleiro, onde están inseridas as caravillas, que serven para suxeita-las cordas), o mastro e o diapasón (sen trastes, como tódolos intrumentos da familia do violino, a diferenza da guitarra). Cara a metade do instrumento, se encontra a ponte e un pouco debaixo o cordal (que suxeita as cordas e axuda a afinar o violoncello xa que se atopan aí incluídas as chaves, pequenas pezas metálicas coa mesma función que as caravillas). Na súa parte inferior está encaixado o botón, de onde sae a pica, que é unha peza metálica, cuxa función é apoia-lo instrumento no chan e regula-la súa altura para comodidade do violoncellista. Aínda que en tamaño estandar profesional do violoncello é o do tamaño 4/4, existen instrumentos doutros tamaños, máis pequenos, como 3/4, ½, ¼ ou 7/8. Os violoncellos barrocos son algo máis pequenos que os modernos. PonteA ponte é unha peza de madeira que se sitúa cara a metade a parte superior do violoncello e sobre a que se apoian as catro cordas. Ten que estar en posición perpendicular ó plano do violoncello e á mesma distancia das dúas efes. Non está pegada nin cravada á tapa, senón que se suxeita grazas á presión que exercen as cordas. A súa parte superior está curvada, o que fai que as catro cordas ó longo do mastro e o diapasón non se atopen no mesmo plano. As pontes dos violoncellos barrocos eran máis pequenas e tiñan a parte superior moito menos curva, o que facía que tódalas cordas estivesen nun mesmo plano. O principal inconveniente disto é que ó tocar unha corda, poderías tocar sen quere-las cordas adxacentes. Cordas e afinación
Un violoncellista toca na Biblioteca Nacional de Saraievo, arrumbada trala guerra de 1992
As cordas noméanse de acordo á súa afinación: a primeira corda (contando dende a máis aguda á máis grave e de dereita a esquerda na imaxe) é la, a segunda corda é re, a terceira corda é sol e a cuarta corda é do Cello strings.ogg Igual que a viola, pero nunha oitava máis grave. O rexistro do violoncello ocupa case catro octavas: vai dende o do2 (que se xera facendo vibrar -co dedo ou co arco- a corda máis grave ó aire, que significa sen apoiar ningún dedo sobre a corda no mastro) ata o a5 (na posición máis aguda da primeira corda a3). Ó emiti-las cordas do violoncello sons graves, as partituras non se adoitan escribir en clave de sol, senón que o máis común é las escribi-las en clave de Fa en cuarta, que é o símbolo que se ve na imaxe á esquerda das nota]]s. Pero é relativamente frecuente que para rexistros agudos se empreguen outras claves, sobre todo a clave de do en cuarta e clave de sol. Nun principio, as cordas eran cordas de tripa, menos resistentes cás de metal, pero que daban unha sonoridade máis pura e cálida. Estas cordas foron usadas ata o século XX. A raíz da Segunda Guerra Mundial xeralizouse o uso de cordas metálicas, máis resistentes e con maior sonoridade que as outras. Tamén hai cordas de nailon e outros materiais. Séguense fabricando cordas de tripa, xa que moitos intérpretes que teñen instrumentos barrocos ou que tocan música barroca consideran que a sonoridade con este tipo de cordas achégase moito máis á idea orixinal do compositor. O arcoO violoncello tócase xeralmente cun arco, que está formado por unha vara de madeira sobre a que se tensan cerdas feitas de crinas de cabalo. Tamén se pode tocar coa punta dos dedos, utilizando a técnica chamada pizzicato ('beliscando'), en italiano. O arco está formado por unha cabeza, unha variña, e as cerdas. A cabeza é onde se encontra a noz, peza de ébano, con adornos de nácara para suxeita-las cerdas, e o parafuso, que serve para regular o grao de tensión das cerdas. A variña é unha vara de madeira de pernambuco normalmente, cun extremo chamado punta, e o outro talón, onde se encontra a cabeza. As cerdas, adoitan ser unhas 250 aínda que o seu número pode variar. Pertence normalmente a cabalos macho, xa que os seus crinas adoitan estar máis limpas, e de cabalos de países nórdicos ou de climas máis fríos, xa que a súa resistencia e dureza é maior. A cor, en principio, non inflúe, aínda que asemella que as brancas son algo máis finas. Algúns violoncellistas e contrabaixistas usan cerdas negras porque din que imprime máis carácter á interpretación. O arco foi evoluíndo ó longo dos séculos. Xa se coñecía nas culturas máis primitivas, e chegou a Europa cara o século XI. Ó principio era unha mera vara que se dobraba pola tensión das cerdas cara fóra e que se agarraba polo centro. Practicamente non houbo ningún cambio ata o século XVII, cando se incorporou a noz ó talón para aumenta-lo peso do arco, ademais de permitir cambia-la tensión e que a vara se dobre cara dentro, o que mellora a calidade acústica. Cambiouse a convexidade do arco á súa forma actual no século XVIII. Foron Tourte e Villaume no século XIX os que fixaron o arco tal e como o coñecemos agora. MateriaisA caixa de resonancia acostuma estar construída con madeira de piñeiro para a tapa superior e madeira de arce para o resto, pero tamén se utilizan outros tipos de madeira, como salgueiro, abeto ou cedro. Algúns violoncellos de baixa calidade están fabricados en laminado, e xa se construíron violoncellos en materiais plásticos. O mastro e a cabeza adoitan estar fabricados tamén nalgún tipo de madeira anteriormente mencionada. As caravillas, o diapasón e o cordal están fabricados en madeira de ébano. As chaves ou afinadores que se atopan no cordal son xeralmente de aceiro, ó igual cá pica, aínda que estas últimas aínda se seguen fabricando de madeira nalgúns casos.
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.