|
Article on other languages:
|
Vela é unha constelación austral, unha das catro partes na que foi dividida a constelación de Argo Navis (o navío Argos), sendo as outras Carina (a quilla), Puppis (a popa) e Pyxis (o compás marítimo).
Características notablesVela comparte a designación de Bayer das súas estrelas coas outras tres constelacións que formaban parte da Argo Navis, polo que non ten estrelas α o β. a súa estrela máis brillante é γ Velorum, de magnitude 1.75, un sistema estelar quíntuplo cunha compoñente principal que é a estrela de Wolf-Rayet máis brillante do firmamento. Nesta constelación atopase AI Velorum, prototipo dun grupo de estrelas púlsantes denominadas variables AI Velorum. A identificación óptica do Pulsar de Vela, asociado ó Resto da Supernova de Vela, foi a proba directa da relación entre supernovas e pulsares. Estrelas principais
Obxectos Notables do espazo profundo
HistoriaVela é unha das catro constelacións que formaban parte da vella constelación de Argo Navis, o barco dos Argonautas, evidentemente esta constelación fai referencia á vela do citado navío. Falsa Cruzδ Velorum e κ Velorum, xunto con Avior (ε Carinae) e Aspidiske (ι Carinae) forman o asterismo da Falsa Cruz, versión aumentada pero máis feble da Cruz del Sur, a confusión entre ambas ás veces da lugar a erros ó usa-las estrelas para a orientación e navegación. Véxase taménBibliografía e Referencias
Outros artigosMitoloxíaPara revisa-la mitoloxía desta constelación, a mellor forma é visita-los artigos adicados ó mito do navío Argo Navis, mandado facer por Xasón a Argos; navío co don da fala e a profecía que lle serviu a Xasón para ir á busca do vélaro de ouro xunto coa súa tripulación, os míticos Argonautas. AstronomíaPara máis información sobre a desmantelada Argo Navis e ás súas compoñentes revise ós seguintes artigos:
Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.