UTC

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire

O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do mundo. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes.

Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxios atómicos. Debido ao feito de que a rotación da Terra se atrasa relativamente ao tempo atómico, o UTC sincronízase co día e a noite de UT1, ao que se suma ou subtrae segundos de salto tanto a finais de xullo como de decembro, cando é necesario. A entrada en circulación dos segundos de salto é determinada polo Servizo Internacional de Rotación da Terra, con base nas súas medicións da rotación da Terra.

"UTC" é unha abreviatura particular: é unha variante do tempo universal, (universal time, abreviadamente UT) e o modificador C (por "coordenado"), foi incluído para enfatizar que é unha variante de UT.

Os tempos UTC de verdadeira alta precisión só se poden determinar unha vez coñecido o tempo atómico, que se establece mediante a reconciliación das diferenzas observadas entre un conxunto de reloxios atómicos mantidos por un determinado número de oficinas do tempo nacionais. Isto só é feito baixo coordenación da Oficina Internacional de pesos e medidas (Bureau international des poids et mesures - BIPM ). Non obstante, os reloxios atómicos son tan exactos que só os máis precisos computadores necesitan usar estas correccións; e a maioría dos utilizadores de servizos de tempo utilizan os reloxios atómicos que teñan sido previamente configurados como UTC, para estimar a hora UTC.

Debido aos segundos de salto, é imposible determinar que representación virá a ter unha data futura, pois o número de segundos de salto que se ten que incluir na data é aínda descoñecido.

UTC é o sistema de tempo utilizado por moitos standards da Internet e da World Wide Web. En particular, deseñouse o Network Time Protocol como unha forma de distribuír o tempo UTC na Internet.

Exemplo

O servidor da Wikipedia, por exemplo, utiliza UTC como base para a súa lista de actualizacións de artigos. O horario UTC da Wikipedia neste momento é 06:01 (momento da impresión, en caso de que estea visualizando unha versión impresa).

Véxase tamén

Ligazóns externas


Artigo en progreso: Este artigo relacionado coa Física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.

Article keywords: utc mall ice skating, mydirectory.com utc, utc mckenzie arena, utc mall, utc arena, utc time zone, utc mall la jolla, iwc utc, utc san diego,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.