|
Article on other languages:
|
Turbina é o nome xenérico que se dá á maioría das turbomáquinas motoras. Estas son máquinas de fluído, a través das cales pasa un fluído en forma continua e este entrégalle a súa enerxía a través dun rodete con pas ou álabes. As turbinas constan dunha ou dúas rodas con paletas, denominadas rotor e estator, sendo a primeira a que, impulsada polo fluído, arrastra o eixo no que se obtén o movemento de rotación. O termo turbina adoita aplicarse tamén, por ser o compoñente principal, ao conxunto de turbina conectada a un xerador para a obtención de enerxía eléctrica. Tipos de TurbinasAs turbinas, por ser turbomáquinas, seguen a súa mesma clasificación. Os seus xéneros máis importantes son: Turbinas Hidráulicas Son aquelas cuxo fluído de traballo non sofre un cambio de densidade considerable a través do seu paso polo rodete, estas son xeralmente as turbinas de auga que son as máis comúns. Dentro deste xénero atópanse:
Turbinas Térmicas Son aquelas cuxo fluído de traballo sofre un cambio de densidade considerable a través do seu paso polo rodete. Estas pódense clasificar en:
Turbinas eólicasVer artigo principal Aeroxerador Unha turbina eólica é un dispositivo mecánico que converte a enerxía do vento en enerxía eléctrica. As turbinas eólicas deséñanse para converter a enerxía do movemento do vento (enerxía cinética) na enerxía mecánica, movemento dun eixo. Logo nos xeradores da turbina, esta enerxía mecánica convértese en enerxía eléctrica. A enerxía eléctrica xerada pódese almacenar en baterías, ou utilizarse directamente. Hai tres leis físicas básicas que gobernan a cantidade de enerxía aproveitable do vento:
Véxase tamén
Article keywords: francis potencia turbina, turbina eolica, camera combustao de gas turbina, |
|||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.