Tempo

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tempo (homónimos).

Comunmente o tempo é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é asimesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro.

Por este motivo o tempo é un problema fundamental, e permanentemente aberto, de todo o que ten que ver coa experiencia e o coñecemento. Así, a súa concepción, o seu lugar no discurso vai ser fundamental nas distintas concepcións filosóficas. Tamén na física vai ser chave a súa caracterización. E como consecuencia, o impacto das distintas concepcións do mesmo na cultura vai ser enorme, facéndose presente en todo momento nas distintas artes, desde a poesía ata o cinema.

Física

Na física actual, desde a aparición da teoría da relatividade, o tempo é considerado como unha variábel do espazo-tempo. Así futuro e pasado non se definen con base exclusiva no tempo, senón na causalidade: un suceso é posterior a outro se é posíbel unha relación de causalidade entre eles. Senón, cal sexa primeiro ou dispois vai depender do sistema de referencia que se considere.

Porén, na física clásica, na mecánica newtoniana, o tempo é absoluto e independente do lugar e das interaccións. O pasado e o futuro estaban perfectamente definidos, todo canto ocorría nun mesmo instante nun sistema de referencia, tamén ocorría nun mesmo instante en calquera outro sistema de referencia que for considerado. Pero esta concepción achouse incapaz de explicar unha serie de fenómenos observados (aberracións, invarianza da velocidade da luz, etc.), de xeito que a comezos do século XX, levaron á formulación da teoría da relatividade por A. Einstein.

A unidade de medida de tempo no SI é o segundo. Outras medidas comunmente empregadas amósanse a continuación:

Véxase tamén

Article keywords: tempo mls, free tempo, ford tempo, from magazine piece sidelines tempo thought, down tempo, music tempo, tempo libero, previsao do tempo, tour tempo,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.