|
Article on other languages:
|
HistoriaCoñecido na Antigüedade como Nubia, o Sudán incorpórase ao mundo árabe coa expansión islámica do século VII. O sur escapa ao control musulmán e sofre incursións de cazadores de escravos. Entre 1820 e 1822, é conquistado e unificado polo Exipto e posteriormente entra na esfera de influencia do Reino Unido. En 1881 estoupa unha revolta nacionalista comandada por Muhammad Ahmed bin' Abd Allah, líder relixioso coñecido como Mahdi, que expulsa os ingleses en 1885. El morre logo despois e os británicos retoman o Sudán no 1898. No ano seguinte, a nación é sometida ao dominio exipcio-británico. Obtén autonomía limitada no 1953 e independencia total no 1956. O Sudán é o maior país da África, e leva en guerra civil desde hai 46 anos. O conflito entre o goberno musulmán e guerrilleiros cristiáns e animistas, baseados no sur do territorio, revela as realidades culturais opostas da nación. A guerra e prolongados períodos de seca xa deixaron 1,5 millón de mortos. A introdución da Sharía, a lei islamica, causou a fuga de mais de 350 mil sudaneses para países viciños. Entre outras medidas, a lei determina a prohibición de bebidas alcohólicas e castigos de enforcamento ou mutilación. Desde o 2003, na rexión de Darfur está ocorrendo o Conflito de Darfur, producíndose un exterminio da poboación negra por parte de milicias árabes, co presunto apoio encuberto do goberno sudanés. XeografiaOs desertos da Nubia e da Libia e o clima árido predominan no norte, mentres que o sur está coberto por sabanas e florestas tropicais. A bacía do río Nilo, que atravesa o territorio do Sudán, é fonte de enerxía eléctrica e de irrigación para as plantacións de algodón, principal produto de exportación, ao lado da goma-arábica. Economía
Cultura
Ver tamén
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.