África do Sur é un dos estados-nacións mais antigo de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, a África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xhosa e os zulú. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cais trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da región unironse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 a África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.
Cada provincia da África do Sur tén unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).
Xeografía
Mapa de Sudáfrica
A África do Sur tén unha paisaxe variada. Na parte occidental, exténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do rio Limpopo serve de fronteira coa Botswana e Zimbabwe.
O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo Sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.
Cando o apartheid rematou en 1994, o goberno sudafricano tivo que integrar ós antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Sudáfrica. Para acabar con isto, aboliron ás catro antigas provincias de Sudáfrica:(Cape Province, Natal, Orange Free State, e Transvaal) e as remplazaron por outras nove. As novas prinvincias son moito máis pequenas que as antigas , teoricamente para darlle unha mellor facilidade o goberno de cada unha sobre os distintos municipios.
As nove princias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:
A África do Sur é un dos maiores produtores de ouro e diamantes. Existen grandes diferenzas entre a poboación de orixe europeia, máis rica, e a poboación de orixe africana, mais pobre.