|
Article on other languages:
|
Historia
Restos arqueolóxicos por todo o estado evidencian que Senegal estivo habitado en tempos prehistóricos. O islam estabeleceuse no val do río Senegal no [[século XI]. O 95 % dos senegaleses practican a relixión musulmán. Nos séculos XII e XIV, a área estivo baixo a influencia dos imperios mandingas do leste; o imperio Jolof de Senegal tamén foi fundado durante este tempo. No século XVI, o imperio Jolof divideuse en catro reinos comepetidores: os jolof, waalo, cayor e baol. Diversas potencias europeas, Portugal, os Países Baixos e Inglaterra; competindo polo comercio na área dende o século XV, até que en 1677, Francia rematou coa posesión do que convertera nun importante punto de partida do comercio de escravos, a illa de Goree, preto de Dacar. Foi só nos anos 1850 que os franceses, baixo o gobernador Louis Faidherbe, comezara a expandires no propio territorio senegalés. En xaneiro de 1959, Senegal e o Sudán francés uníronse para formar a Federación de Malí, que se convertiu nun estado totalmente independente o 20 de xuño de 1960, como resultado da independencia e o acordo de transferencia de poder asinado con Francia o 4 de abril de 1960. Debido a dificultades políticas internas, a Federación disolveuse o [[20 de agosto de 1960. Senegal e Soudan, renomeado como a República de Malí, proclamaronse independentes. Léopold Senghor, un coñecido poeta internacional da negritude, político e estadista, foi elixido como primeiro presidente do Senegal en agosto de 1960. Despois da disolución da Federación de Malí, o presidente Senghor e o primeiro ministro Mamadou Dia gobernaron xuntos so un sistema parlamentario. En decembro de 1962, a súa rivalidade política levou a un intento de golpe de Estado polo Primeiro Ministro. O golpe foi reducido sen derramamento de sangue e Dia foi arrestado e encarcerado. Senegal adoptou unha nova constitución que consolidou o poder do Presidente. En 1980, o presidente Senghor retirouse da política e transfiriulle o cargo a un sucesor escolleito a dedo, Abdou Diouf, en 1981. O 1 de febreiro de 1982, Senegal uniuse con Gambia para formar a Confederación de Senegambia. Mais, a integración imaxinada no papel nunca se materializou e a unión foi disolta no 1989. A pesar dos diálogos, un grupo de separatistas do sur, na rexión de Casamanza enfrontouse esporadicamente coas forzas gobernamentais dende 1982. Abdou Diouf foi o seu presidente entre 1981 e 2000. Fomentou unha participación política máis ampla participación, reduxo a intervención do goberno na economía e aumentou os compromisos diplomáticos de Senegal, particularmente con outras nacións en desenrolo. A política interna a veces veuse desbordada pola violencia nas rúas, tensións nas fronteiras e un movementos separatista violento na rexión do sur de Casamanza. Mais, o compromiso de Senegal coa democracia e os dereitos humanos comeza a consolidarse. Diouf presidiu catro mandatos e foi derrotado na elección presidencial do 2000, polo líder da oposición Abdoulaye Wade. Senegal experimentou a súa segunda transición de pode pacífica e a primeira dun partido político a outro. O 30 de decembro do 2004 o presidente Abdoulaye Wade anunciou que asinaría un tratado de paz con dúas faccións separatistas do Mouvement des Forces Démocratiques de la Casamance (MFDC) na rexión de Casamanza. PolíticaO Senegal é unha república parlamentaria cun presidente forte, que é elixido, desde 2001, cada 5 anos pola poboación. O parlamento é unicameral e ten 120 membros. Hai máis de 80 partidos políticos no país. Subdivisións
O Senegal está dividido en 11 rexións. As capitais rexionais teñen o mesmo nome cá rexión respectiva: Xeografía
Economía
Demografía
Cultura
Véxase taménLigazóns externas
Article keywords: senegal parrot, senegal africa, senegal news, senegal map, senegal flag, senegal hotel, election senegal, woman of senegal, air senegal, |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.