Segundo

Article on other languages:

O segundo (símbolo no SI: s[1]) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Pode ser medido cun reloxo.

A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

Índice

Definicións

Tradicional

Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día)[2].

Sistema Internacional de Unidades (SI)

As últimas tendencias científicas levaron á necesidade de definir esta magnitude de forma máis precisa. Por iso, na actualidade a definición oficial de segundo é:

… a duración equivalente a 9.192.631.770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 graos kelvin.

Múltiplos do segundo no SI

Múltiplo Nome Símbolo Múltiplo Nome Símbolo
100 segundo s      
101 decasegundo das 10–1 decisegundo ds
102 hectosegundo hs 10–2 centisegundo cs
103 quilosegundo ks 10–3 milisegundo ms
106 megasegundo Ms 10–6 microsegundo µs
109 gigasegundo Gs 10–9 nanosegundo ns
1012 terasegundo Ts 10–12 picosegundo ps
1015 petasegundo Ps 10–15 femtosegundo fs
1018 exasegundo Es 10–18 attosegundo as
1021 zettasegundo Zs 10–21 zeptosegundo zs
1024 yottasegundo Ys 10–24 yoctosegundo ys

Notas

  1. Ás veces abréviase de xeito erróneo como seg.
  2. SI brochure: Table 6: Non-SI units accepted for use with the International System of Units


Unidades de tempo
femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo
minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | éon

Article keywords: compay segundo, el segundo restaurant, el segundo ca, city of el segundo, el segundo ca real estate, el segundo ca hotel, segundo romance, el segundo city guide, segundo rosero,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.