Rock

Article on other languages:

Elvis Presley

O rock and roll, rock'n'roll ou simplemente rock é un xénero musical orixinado na década de 1950, a partir do chamado rhythm and blues, música negra estadounidense. As diferenzas do Rock coas músicas das que provén, (Country e Blues, son mais de énfase e de actitude que puramente musicais. A finais dos cuarenta comezaron a aparecer fusións entre os dous estilos, "Moving all over" (Hank Williams, 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras seminais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os tupés e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbel, non se pode falar de Rock. Por primeira vez os xovens non querían levar a vida dos seus pais e facían desta diferenza unha cuestión cultural, o rock canalizouna, deulle nome, serviulle de trilla sonora e moito mais que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo John Lennon, antes de Elvis Presley non habia nada. A continuidade vese tamén en que a formación clásica do rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evoluiu principalmente: Voz, duas guitarras, baixo e batería. Pese a tantas cousas en común non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos, ao blues faltáballe o caráter explosivo e as gañas de viver que transmiten desde os primeiros discos de Rockabilly até os Sex Pistols.
A partir de 1955 houbo unha explosión que abaneou os Estados Unidos, o rock invadiou as emisoras, os cines, as salas de baile e indignou á sociedade benpensante que contraatacou co escándalo Payola. A era do rock acabou en 1959, coa morte de Buddy Holly, Chuck Berry, Bo Diddley no caldeiro e Elvis facendo a mili en Alemaña, haberia que agardar a que a semente prendese en Inglaterra e voltase no 1964 en forma de British Invasion para que o rock se convertese na plétora de variedades musicais co que o asociamos hoxe.
A invasión significou moitas cousas, desde unha volta ás raices negras do rock até unha ampliación da súa base social e unha dignificación como forma artística, despois de discos como o "Revolver" dos Beatles ou o "Pet Sounds" dos Beach Boys o rock transcendeu o seu carácter de revolta xuvenil. Os setenta viron a disgregación da até entón sólida comunidade, por un lado os "dinosauros" (superbandas que facían tours interminábeis e tiñan un grande éxito repetindo o que fixeran nos sesenta )e o Rock sinfónico, por outro a música disco criaron un ambiente para a revolución do punk, que se musicalmente era un regreso á primitiva agresividade e imediatez do R'n'R, estética e politicamente significou unha ruptura que acentou a división existente: un punk odiaba a un fan do rock comercial, nunha dicotomía que ainda se mantén.
Os oitenta foron unha época dura para o rock, afogado polo pop do que recentemente se esgazara, na New Wave os antigos punks volvian ao redil e coa chegada da Mtv a música popular como fenómeno principalmente comercial estaba estabelecida. Só o Heavy Metal, a incipiente música electrónica e o Hip hop continuaron co espírito até a chegada do grunge e o triunfo do rock underground no fin da década.

Clásicos do rock

Alguns subxéneros de rock

Cronoloxía dos grupos de rock and roll

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.