|
Article on other languages:
|
HistoriaArtigo principal: Historia de Benín O Benín foi parte do antigo reino africano do Dahomey, que mantivo comercio de escravos co Portugal despois do século XV. En 1872 a rexión comezou a ser colonizadas polos franceses, e en 1899 tornouse parte da África Occidental Francesa. En 1 de agosto de 1960 o país gañou a súa independencia de Francia. O seu primeiro presidente foi Coutoucou Hubert Maga. En 1972 un golpe de estado implantou un goberno de esquerda, e en 1975 o nome do país foi mudado para Benín. Em 1990 o dictador de Mathieu Kérékou permitiu eleccións multipartidistas despois de 17 anos de governo marxista. Em 1996, Kérékou envolveu o seu elixido presidente, mais a oposición democrática gañou os comicios lexislativos de marzo de 1999. Goberno e PolíticaO presidente da república é xefe de estado e tamén xefe do goberno. Pola constitución de 1990, é eleito por un periodo de 5 anos. O Parlamento ten 83 membros, eleitos por un periodo de 4 anos. Organización político-administrativa
Durante décadas, Benín dividiuse en seis departamentos ou provincias, en 1999 cada unha dividiuse en dúas. As provincias están divididas en 77 comunas. As doce provincias son:
Xeografía
Estendido entre o río Níxer ao norte e a bahía de Benín ao sur, a altitude de Benín é case a mesma en todo o país. A maior parte da poboación vive nas chairas costeiras do sur, onde se sitúan as cidades máis grandes de Benín como Porto-Novo e Cotonú. O sector norte do país está formado por sabanas e zonas montañosas semiáridas. O clima de Benín é cálido e húmido, con relativamente máis choiva que outros países do oeste de África, hai dúas estacións de choiva (abril-xullo e setembro-novembro). EcoloxíaWWF divide o territorio de Benín entre catro ecorregiones:
EconomíaA economía de Benín segue sendo subdesarrollada e dependente da agricultura de subsistencia, produción de algodón e intercambio rexional. Hai petróleo, ouro, mármore e pedra calcaria -pero explotado por estranxeiros, permitindo a saída do capital. Desde 1988 xérase electricidade na represa de Nangbeto, sobre o río Mono. O nivel de produción subiu un 5% nos últimos seis anos, pero o rápido crecemento da poboación compensou este logro. A inflación baixou durante os últimos anos. Co fin de aumentar o seu crecemento, Benín planea atraer máis inversionistas estranxeiros, salientar o turismo, facilitar o desenvolvemento de novos sistemas de procesamiento de comida e produtos agrícolas, e fomentar nova información e tecnoloxía en comunicacións. DemografíaUn 70% da poboación segue as crenzas tribais. O nivel de alfabetización é do 40% aproximadamente. Fóra das cidades os servizos de saúde son escasos. As principais cidades son Cotonú, Abomey-Calavi, Porto-Novo, Djougou, Parakou , Bohicon e Kandi, as únicas do país que superan os 100.000 habitantes. A poboación de orixe europea esta formada por 5.500 persoas (0,1% da poboación total do pais). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 5,20.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.