Reino Unido

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte 1
Bandeira do Reino Unido Escudo do Reino Unido
Bandeira Escudo
Lema: Dieu et mon droit
(Galego: Deus e o meu dereito)
Himno nacional: God Save the Queen
(Galego: Deus salve á Raíña)
 
 
Capital
 • Poboación
Londres
60.690.500 (2006)
Linguas
 • Oficiais
n/d
Inglés 2
Forma de goberno Monarquía constitucional
Isabel II
Gordon Brown
Formación
1 de xaneiro de 1801 3
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 78º
244.825 km2
1,34
n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 22º
60.209.500
244 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 5º
$ 2.373.685 mill.
$ 39.213 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 6º
$ 2.121.766 mill.
$ 35.051 (2006)
IDH n/d
Moeda Libra esterlina (GBP)
Xentilicio británico
Fuso horario GMT +0 e UTC +1
Dominio de Internet .uk 4
Prefixo telefónico +44
Prefixo radiofónico 2AA-2ZZ, GAA-GZZ, MAA-MZZ, VPA-VSZ, ZBA-ZJZ, ZNA-ZOZ, ZQA-ZQZ
Código ISO 826 / GBR / GB
Membro de: Commonwealth, UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, G-8

1 · Teyrnas Unedig Prydain Fawr a Gogledd Iwerddon en Galés
· An Rìoghachd Aonaichte na Breatainn Mhòr agus Eirinn mu Thuath' en Gaélico escocés
· Ríocht Aontaithe na Breataine Móire agus Thuaisceart Éireann' en Irlandés
· Unitit Kinrick o Great Breetain an Northren Ireland' en Scots

2 Dende 2005 son recoñecidos oficialmente ademais do inglés o galés e o gaélico escocés.
3 Constituido como United Kingdom of Great Britain and Ireland. Renomeado como United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland en 1927.
4 Según ISO 3166-1 é .gb.

Tódolos países do mundo

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Aparte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel.

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado á raíña Sabela II. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero se forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguir preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial.

O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade de Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea e a Mancomunidade Británica de Nacións.

Índice

Xeografía

O Reino Unido da Gran Bretaña e do Norte de Irlanda é un país da Europa occidental. O país está formado pola illa de Gran Bretaña (maior parte de Inglaterra, Escocia e Gales) e o norleste da illa de Irlanda (Irlanda do norte), xunto con outras illas menores. O Reino Unido atópase principalmente entre os 49° e 59° N de latitude (as Illas Shetland chegan ós 61° N) , e os 8° O to 2° L de lonxitude. O Royal Greenwich Observatory, situado preto da cidade de Londres, é o punto definitorio do Meridiano de Greenwich. O Reino Unido ten unha superficie total de 245.000 km cadrados. O RN atópase entre o océano atlántico norte e o Mar do Norte, atopándose a 35 km da costa de Francia, da cal está separada pola Canle da Mancha. Irlanda do Norte comparte 360 km coa República de Irlanda. O Eurotúnel une na actualidade o Reino Unido con Francia.

Cidades

As capitais dos países que forman o Reino Unido son:

Composición

Este reino está formado por 4 nacións: Inglaterra, Escocia e País de Gales (Illa da Gran Bretaña) e Irlanda do Norte (Illa da Irlanda). Inclue tamén territorios que non pertencen a ningunha destas nacións, como a Illa de Man e as Illas do Canal (ou Illas Anglo Normandas), e varias posesións espalladas polo mundo:

Historia do Reino Unido

Artigo principal: Historia do Reino Unido

Escocia e Inglaterra teñen existido como entidades separadas unificadas dende o século X. Gales, baixo control británico dende o Estatuto de Rhuddlan en 1284, fíxose parte do Reino de Inglaterra pola Acta de Unión de 1536. Coa Acta de Unión de 1707, os reinos separados de Inglaterra e Escocia, habendo compartido o mesmo monarca dende 1603, acordou unha unión permanente como o Reino de Gran Bretaña. Isto ocurriu nun tempo no que Escocia estaba na ruina económica; e a decisión foi pouco popular na ampla poboación escocesa.

O Imperio Británico en 1897, en vermello, que era a cor na que se coloreaban os dominios británicos nos mapas.

A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infructuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798 (véxase tamén Sociedade dos Irlandeses Unidos). A ocasión elexida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida predominantemente a problemas de seguridade.

En 1922, tras amargas loitas que fan eco na actual corrente política, o Tratado anglo-irlandés partiu Irlanda no Estado Libre Irlandés e Irlanda do Norte, coa última parte permanente no Reino Unido. Como se probou no tratado, Irlanda do Norte, que consiste en seis dos nove condados da provincia irlandesa de Ulster, inmediatamente optou por permanecer no Reino Unido. A nomenclatura do Reino Unido foi cambiada en 1927 para recoñecer a saída da maior parte de Irlanda, sendo adoptado o nome de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.

Goberno e política

Artigo principal: Goberno e política do Reino Unido

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria baseada en 'common law' pero non ten unha constitución, sendo o único país Europeo que non a ten. Os seus principios e prácticas son inherentes ás institucións de goberno, que son a Coroa, o gabinete de ministros, o Consello Privado e o Parlamento.

O monarca británico é o xefe de Estado e do executivo, así como máxima autoridade da Igrexa Anglicana. Ademais elixe formalmente ó primeiro ministro e ó goberno.

As funcións executivas son realizadas por varios ministros dirixidos polo primeiro ministro e para iso dependen do apoio da maioría de membros da cámara dos Comúns. O partido con dita maioría é o encargado de formar goberno e o primeiro ministro é o líder do partido. O primeiro ministro (elexido polo monarca), escolle aos ministros do goberno.

O Partido Conservador e o Partido Laborista teñen dominado a vida política do país dende o fin da Primeira Guerra Mundial.

Na actualidade as forzas políticas e a sociedade británica en xeral, enfróntanse sobre a postura que o estado debe asumir fronte á UE.

Por este motivo o tratado polo que se establece unha Constitución para Europa vai ser ratificado mediante referendo, impulsado polo primeiro ministro, Tony Blair, que respalda o tratado e que ademais ten buscado durante o seu goberno que o estado adopte a moeda única, o euro.

Demografía

Artigo principal: Demografía do Reino Unido.

Poboación, emigración e etnicidade

As poboacións e a porcentaxe total das catro nacións que compoñen o Reino Unido

O censo británico do mes de abril de 2001, achegaba unha poboación total no Reino Unido de 58.789.194, sendo o terceiro país máis poboado da Unión Europea (despois de Alemaña e Francia), o quinto na Commonwealth e o vixésimo primeiro do mundo. A mediados do ano 2006, a poboación subira ata chegar aos 60.587.300.[1] Este crecemento foi debido, en parte á inmigración e ao medre da taxa de natalidade e a esperanza de vida dos británicos.[2]

A mediados de 2006, a poboación de Inglaterra estimábase nuns 50.762.900 de habitantes, constituíndo un dos países máis densamente poboados do mundo, con 383 habitantes por quilómetro cadrado.[3] Aproximadamente un cuarto da poboación do RU vive na próspero surleste de Inglaterra predominantemente urbano e semiurbano,[4] dos cales 7.517.700 viven na capital, Londres.[5]

O censo de mediados de 2006, estimou que Escocia tiña unha poboación de 5.116.900, Gales 2.965.900 e Irlanda do Norte 1.741.600[6] países cunha densidade moito menor ca Inglaterra. Comparando as densidades de poboación: en Inglaterra habitan 383 por qm cadrado, fronte aos 142 de Gales, os 125 de Irlanda do Norte e os 65 de Escocia.

No ano 2007, a taxa media de fertilidade ao longo do RU era de 1,90 fillos por muller.[7] Mentres co crecemento da fertilidade está a elevar a poboación do país, as taxas de fecundidade seguen por baixo do 2,1 necesario pra sustitución xeracional, aínda así as cifras superan o record rexistrado no ano 2001 cando a taxa era do 1,63.[7] Inglaterra e Gales teñen respectivamente taxas de 1,92 e 1,90. Escocia posúe a menor taxa de fecundidade con 1,73 fillos por muller, mentres Irlanda do Norte posúe a maior con 2,02 fillos por muller.[7] Durante os anos 60 o RU viviu un 'baby boom' chegando a taxa aos 2,95 fillos por muller en 1964.[7] A taxa de fecundidade e maior entre as mulleres nadas no estranxeiro cá entre as británicas, malia seren as taxas das derradeiras as que están medrando no últimos anos.[7]

Cidades por poboación
Listaxe Cidade País constituínte Pob. Listaxe Cidade País constituínte Pob.

London
Londres
Birmingham
Birmingham
Manchester
Manchester

1 Londres Inglaterra 7.172.091 11 Coventry Inglaterra 303.475
2 Birmingham Inglaterra 970.892 12 Kingston upon Hull Inglaterra 301.416
3 Glasgow Escocia 629.501 13 Bradford Inglaterra 293.717
4 Liverpool Inglaterra 469.017 14 Cardiff Gales 292.150
5 Leeds Inglaterra 443.247 15 Belfast Irlanda do Norte 276.459
6 Sheffield Inglaterra 439.866 16 Stoke-on-Trent Inglaterra 259.252
7 Edimburgo Escocia 430.082 17 Wolverhampton Inglaterra 251.462
8 Bristol Inglaterra 420.556 18 Nottingham Inglaterra 249.584
9 Manchester Inglaterra 394.269 19 Plymouth Inglaterra 243.795
10 Leicester Inglaterra 330.574 20 Southampton Inglaterra 234.224
Censo do 2001

Grupos étnicos

Os actuais británicos descenden da mistura de diversos poboacións que se instalaron nas illas no pasado, principalmente preceltas, celtas, romanos, Anglosaxóns e Normandos. A partires de 1945, o país recibiu grandes contixentes de persoas provintes das antigas colonias británicas de África, o Caribe e Asia meridional. A partires do ano 2004 o país recibiu grandes fluxos de inmgrantes da Europa central e do leste, aínda que, dende o ano 2008 esta tendencia estase revirtindo.[8] No censo británico de 2001, o 92,1% da poboación identificábase como branca, identificándose o 7,9% restante[9] como minoría étnica ou raza mixta.

Grupo étnico Poboación  % do total*
Brancos 54.153.898 92,1%
Multirracial 677.117 1,2%
Indios 1.053.411 1,8%
Paquistaníes 747.285 1,3%
Bangladeshíes 283.063 0,5%
Outros asiáticos (non chineses) 247.644 0,4%
Negros do caribe 565.876 1,0%
Africanos 485.277 0,8%
Negros (outros) 97.585 0,2%
Chineses 247.403 0,4%
Outros 230.615}} 0,4%
* Porcentaxe da poboación do Reino Unido

A diversidade étnica varía moito segundo o lugar do Reino Unido. O 30,4% da poboación de Londres[10] e o 37,4% de Leicester [11] pertencía a un grupo étnico distinto do branco segundo o censo de xuño de 2005, mentres menos do 5% da poboación de norleste de Inglaterra, Gales e o suroeste de Inglaterra pertencía a unha minoría étnica.[12] Segundo o censo de 2007, o 22% dos estudantes de primaria e o 17,7% de secundaria asistentes a escolas públicas en Inglaterra, pertencían a minorías étnicas.[13][14]

Linguas

Países onde o inglés tem status de lingua oficial de facto ou de jure

Aínda que o Reino Unido non teña unha lingua oficial de jure, a lingua máis falada é o inglés, unha lingua xermánica occidental descendente do inglés antigo e que posúe un importante sustrato do Noruegués antigo, francés normando e do latín. A lingua inglesa foi espallada polo mundo (principalmente debido ao Imperio Británico) e tornouse a lingua franca contemporánea. En todo o mundo, é falada por máis de 508,000,000 millóns de falantes coma segunda lingua.[15]

As outras linguas indíxenas do Reino Unido son o escocés (próximo ao inglés) e catro linguas celtas. As últimas divídense en dous grupos: as linguas P-celtas (o galés e o córnico); e as Q-celtas (irlandés e o gaélico escocés). No norte de Inglaterra aínda pervive a influencia da extinta lingua cúmbrica, falada na zona fai séculos, sendo empregada aínda como sitema pra contar as ovellas (vexa Yan Tan Tethera). No censo de 2001 mais dun quinto (21%) da poboación do País de Gales dicía falar o galés,[16] o que constitúe un crecemento no número de falantes fronte o censo de 1991 (18%).[17] No resto do país existen uns 200.000 falantes do galés, principalmente en Inglaterra.[18]

Estrada bilingüe en Gales

O galés e mailo gaélico escocés tamén son falados por pequenas comunidades noutras partes do mundo, entre estas comunidades destacan a de Nova Scotia, Canadá, onde se fala o gaélico escocés e a da Patagonia, Arxentina, onde hai unha activa comunidade galesa.

As linguas dos inmigrantes son faladas polo 10% da poboación do Reino Unido, o francés é falado polo 2,3% da poboación, o 1,0% fala o polaco reflexo da recente inmigración polaca ao Reino Unido. O 0,9% falan o alemán e o 0,8% o castelán. A maioría das outras linguas estranxeiras faladas no Reino Unido son orixinarías de Europa, Asia e África. A maior parte dos inmigrantes que viven no Reino Unido proveñen de países anglófonos (tales como Nixeria, Xamaica, Hong Kong e Filipinas), motivo polo cal non hai unha grande diversidade lingüística entre algunhas comunidades de minorías étnicas do país.

Ao longo do Reino Unido, é xeralmente obrigatorio para os rapaces o estudo dunha segunda lingua ata os 14 anos en Inglaterra e os 16 anos en Escocia. O francés e o alemán son as dúas segundas linguas máis faladas nos países de Inglaterra e Escocia, mentres có galés é a segunda lingua principal no País de Gales. Segundo unha enquisa do 2003, o 89% dos británicos posúe un nivel básico de francés, mentres có 23% pode manexarse no alemán. Outras linguas que populares no país son o castelán, 7%, e o ruso, 0,5%.

Referencias

  1. UK population approaches 60 million
  2. Rising birth rate, longevity and migrants push population to more than 60 million
  3. Population National Statistics
  4. Census 2001: South East Office for National Statistics
  5. All people population: City of London
  6. UK population grows to 60.6 millionNational Statistics Online, Population estimates
  7. 7.0 7.1 7.2 7.3 7.4 Fertility: Rise in UK fertility continues Office for National Statistics
  8. 'Why I left UK to return to Poland', BBC News
  9. Ethnicity: 7.9% from a non-White ethnic group Office for National Statistics
  10. Resident population estimates by ethnic group (percentages): London Office for National Statistics
  11. Resident population estimates by ethnic group (percentages): Leicester Office for National Statistics
  12. 2001 - Ethnicity and religion in England and Wales Office for National Statistics
  13. Schools and Pupils in England, January 2007
  14. One fifth of children from ethnic minorities The Daily Telegraph
  15. English language
  16. http://www.statistics.gov.uk/CCI/nugget.asp?ID=447&Pos=6&ColRank=1&Rank=192
  17. http://www.statistics.gov.uk/downloads/theme_compendia/fow/WelshLanguage.pdf
  18. O galés hoxe segundo o Prof. Peter Wynn Thomas www.bbc.co.uk

Véxase tamén

Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | Austria | Bélxica | Bielorrusia | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | República da Macedonia | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.