|
Article on other languages:
|
Peugeot é unha marca francesa fabricante de automóbiles, bicicletas e ciclomotores, fundada polos irmáns Jean-Pierre e Jean-Frédéric Peugeot. Pertence ó grupo PSA Peugeot-Citroën.
HistoriaA orixe da empresa Peugeot remóntase ós inicios do século XIX, cando Jean-Jacques Peugeot se instala preto de Doubs onde comenza a fabricar muíños de café. Este primeiro medio de produción trae como consecuencia despois do seu falecemento a construción dun emprazamento para a construción de muíños en Sous-Cratet. Os seus dous fillos, Jean-Pierre Peugeot e Jean-Georges Peugeot, crearán posteriormente un imperio productivo. O menor dos dous, Jean-Pierre, lánzase posteriormente no sector do textil en Hérimoncourt. Este terá dous fillos, Jean-Pierre Peugeot junior e Jean-Frédéric Peugeot, que transformarán o muíñoo de Sous-Cratet nunha fundación. É en 1832 cando Jean-Pierre Peugeot funda a sociedade "Peugeot Frères aìnés" para a explotación da fundación de Sous-Cratet. Os resultados son bos e en 1833 una segunda fábrica en Terre-Blanche é construída. En 1852 Jean-Pierre junior morre deixando dous fillos, Jules e Émile. Estes dous van a explotar novos sectores do comercio da época. En 1885 Armand Peugeot interésase por un novo invento, a bicicleta (que segue hoxe en día baixo o nome de Peugeot Cycles). Cabe aclarar que a familia Peugeot destacouse tamén (e aínda o fai) na fabricación artesanal de pimenteiros e saleiros de mesa finamente decorados co león da marca. Tamén fabricaron ferramentas de alta calidade. Finalmente é en 1889 cando Armand se lanza á aventura do automóbil, presentindo o éxito que colleitará este novo medio de transporte. Sen sabelo Armand creou a que é hoxe en día a segunda marca de automóbiles con máis tradición do mundo: Peugeot. Grupo
Actualmente é o segundo maior construtor europeo por detrás de Volkswagen AG. Modelos dos automóbiles de Peugeot
Peugeot en competiciónCampionato do mundo de RalliesPeugeot foi o dominador dos rallies do Grupo B co peugeot 205 Turbo 16 durante os anos 1985 e 1986, tanto na categoría de construtores como na de pilotos, con Timo Salonen e Juha Kankkunen. A marca retirouse ca supresión da categoría Grupo B. Peugeot regresou ó campionato do mundo de rallies a finais de 1999 co Peugeot 206 WRC, ganando tres veces o campionato de construtores (2000, 2001 y 2002) e dous o de pilotos con Marcus Grönholm (2000 e 2002). No ano 2004 o Peugeot 206 WRC é substituido polo 307, pero non consegue bos resultados. A finais do 2004 Peugeot anuncia a súa retirada ó rematar o 2005. As 24 Horas de Le Mans
Fórmula 1
O propulsor Peugeot mostrouse sempre como un dos máis potentes e fiables nas súas diferentes versións. Peugeot retiraríase da Fórmula 1 en 2000, deixando tras de si a participación en 115 Grandes Premios.
Véxase taménLigazóns externasArticle keywords: peugeot 307, peugeot 207, peugeot 306, peugeot car, peugeot 407, peugeot 406, peugeot 405, peugeot 106, peugeot 205, |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.