|
Article on other languages:
|
O petróleo (do latín petra, pedra + oleum, aceite), tamén chamado cru, é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, maiormente hidrocarburos. Os outros constituíntes son compostos orgánicos contendo elementos químicos como nitróxeno, xofre, osíxeno(chamados xenericamente de compostos NSO) e metais, principalmente níquel e vanadio. O petróleo é un recurso natural non renovable, e tamén actualmente a principal fonte de enerxía. Del extráense variados produtos, sendo os principais: bencinas, óleo diesel, gasolina, alcatrán e polímeros plásticos. O petróleo, debido á súa importancia económica e estratéxica, é a principal fonte de renda de moitos países, especialmente no Oriente Medio), leva xa provocado moitas guerras. Del xa foi dito que "move o mundo".
Orixe do PetróleoTeoría BioxénicaO petróleo é o produto da compresión e aquecemento da materia orgánica depositada xunto cos sedimentos. O soterramento progresivo e consecuente subsidencia desa materia orgánica depositada xuntamente cos sedimentos mariños ou lacustres produce a compactación e formación dunha rocha chamada rocha xeradora. A materia orgánica, no estado sólido, presente na rocha xeradora é chamada de queróxeno. Co incremento de temperatura, as moléculas do queroxeno comezan a ser quebradas, xerando compostos orgánicos líquidos e gasosos, nun proceso denominado cataxénese. Para que exista unha acumulación de petróleo é necesario que, despois do proceso de xeración, ocorra a migración do óleo e/ou gas a través das camadas de rochas adxacentes, ata atopar unha rocha selante e unha estrutura xeolóxica que deteña o seu paso, baixo a cal ocorrerá a acumulación do óleo e/ou gas nunha rocha porosa e permeable chamada rocha reserva. Aínda que obxecto de moitas discusións no pasado e que aínda continúan na actualidade, esa teoría aínda continúa tendo maior aceptación pola comunidade científica occidental. Teoría AbioxénicaPetróleo é unha mestura de hidrocarburos primordiais de grande estabilidade termodinámica, formados a altas presións e temperaturas no manto da terra. Gases primordiais como metano, helio e nitroxeno conducen o petróleo para niveis máis superficiais, aloxándose en espazos porosos, sobre todo en rochas sedimentares, constituíndo os reservatorios. Os hidrocarburos son excelentes nutrientes para bacterias primitivas que viven no interior da terra. Esas bacterias contaminan o petróleo con moléculas biolóxicas chamadas de biomarcadores (biomarkers), alén doutros contaminantes tamén presentes nos sedimentos. Algúns metais, sobre todo níquel e vanadio, mais tamén cadmio, arsénico, chumbo, mercurio, platinoides entre outros tamén están asociados ao petróleo e atestan a orixe mantélica. Polo tanto o petróleo non é un combustible fósil, como moitos aínda imaxinan, senón unha substancia orixinalmente inorgánica sobre a cal actúan procesos xeolóxicos posteriormente retraballados por procesos bioloxicos. Soporte á orixe abioxénica do petróleo
Por que o petróleo se atopa frecuentemente en cuncas sedimentarias?Isto ocorre porque as cuncas sedimentarias enchen depresións onde ocorreron fallas profundas asociadas con limites de placas tectónicas (rifts, subducción ou colisión entre dúas placas)comunicando ou estando en proximidade co manto da terra. Algunhas rochas sedimentarias forman bons reservatorios (espazos porosos) e tamén boas rochas selantes capaces de reter o petróleo neses reservatorios. Os reservatorios conectanse con fallas profundas en sistemas que acada o manto superior, de onde proveñen os hidrocarburos. O petróleo tamén ocorre en rochas do embasamento cristalino, porén a maioría das empresas de petróleo prefere perfurar pozos para pesquisar nas cuncas sedimentarias, onde probabelmente consideran atopar acumulacións comerciais en bons e amplos reservatorios, mais tamén conducidas pola errónea idea de que o petróleo poida ser orixinado (sic) a partir de "rochas fonte" . Asociación da ocorrencia de petróleo con estruturas profundasA ocorrencia do petróleo atopase relacionada a estruturas xeolóxicas profundas na terra, principalmente sobre limites crustais de placas tectónicas (converxentes como subducción ou colisión continental e limites diverxentes). Tamén pode ocorrer sobre sobre áreas onde houbo impacto de meteorito, desde que as fallas producidas polo impacto atinxan o manto da terra. Cando se observa a distribución dos campos de óleo e gás ao longo dos arcos como na Indonesia, Golfo Pérsico, nos Apeninos, Alaska, Arco de Barbados en continuidade a Trinidad & Tobago e Venezuela; na evolución do grande rift do Atlántico Sur e outras cuncas riftoxénicas, isto pode ser claramente constatado. Xeoloxía do PetróleoComo anteriormente mencionado, o petróleo está asociado con grandes estruturas que comunican a crosta e o manto da terra. Aínda que moitos xeólogos aínda consideren que o petróleo posa ser formado a partir de substancias orgánicas procedentes da superficie terreste (detritos orgánicos), isto hoxe non fai sentido. Os avanzos obtidos na astronomía e astrofísica, na xeofísica, cálculos termodinámicos, estudos de xeoquímica da crosta e do manto, estudos oceanográficos entre outros, apontan consistentemente para unha orixe abioxénica do petróleo (ver (http://www.gasresources.net/DisposalBioClaims.htm). A aplicación de estudos xeolóxicos na prospeccción de petróleo inclúe métodos xeofísicos (sísmica, gravimentria, magnetometria, imaxes de satélite, etc). O petróleo ou gás son atopados tanto en terra canto no mar, principalmente nas bacias sedimentares, mais tamén en rochas do embasamento cristalino. Os hidrocarburos ocupan espazos porosos nas rochas, sexan eles entre entre gráns ou fracturas. As rochas reservatorios e selantes son estudadas a través da sedimentoloxía, estratigrafía e paleontoloxía. San efetuados estudos das potencialidades das estruturas acumuladoras (armadillas ou trapas). Durante a perfuración dun pozo de petróleo, as rochas atavesadas son descritas, pesquisandose a ocorrencia de indicios de hidrocarburos. Logo despois da perfuración son investigadas as propriedades radioativas, elétricas, magnéticas e elásticas das rochas da paraede do pozo atavés de ferramentas especiais (perfilaxe) as cais permiten tamén identificar e avalar a ocorrencia de hidrocarburos. Produtos do petróleoO petróleo non é utilizado bruto, senon que se separan os seus distintos componentes, podendo ter diferentes usos cada un destes produtos do petróleo. A separación de ditos componentes realizase mediante destilación, proceso mediante o cal se obteñen novas mesturas de hidrocarburos, cunha gama de pontos de ebulición máis limitada que o petróleo orixinal. Deste xeito, o petróleo dividese nas súas diferentes fraccións: Non se utiliza o petróleo no seu estado natural, antes da separación dos seus diversos componentes, podendo ter cada un deles diferentes usos (é materia prima de máis de 350 produtos). A separación dos produtos do petróleo obténse pola destilación, proceso polo cal son obtidas novas mesturas de hidrocarburos, cunha gama de pontos de ebulición máis limitada que o petróleo orixinal. Nas refinarías o petróleo bruto é transformado en produtos úteis á humanidade, tais como:
Lista de compañias petrolíferas
Principais países produtores de Petróleo
Maiores exportadores de Petróleo
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.