A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concebida en circunstancias similares durante a Primeira Guerra Mundial e establecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwan (un caso especial, recoñecida por poucos países). En xuño de 2006 a ONU tiña 192 Estados Membros. O seu secretario xeral é Ban Ki-moon dende o 1 de xaneiro de 2007.
A ONU utiliza 6 linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e "on-line", son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas.
Antecedentes e Historia
A idea das Nacións Unidas foi elaborada na declarazón, asinada durante a Segunda Guerra Mundial, na conferencia de Aliados celebrada en Moscova en 1943. O entón presidente dos Estados Unidos da AméricaFranklin Delano Roossevelt suxeriu o nome de "Nacións Unidas". O 25 de abril de 1945 celebrouse a primeira conferencia en San Francisco. Á parte dos gobernos, foron convidadas organizacións non gobernamentais. As 50 nacións representadas na conferencia asinaron a Carta das Nacións Unidas dous meses máis tarde o 26 de xuño; Polonia, que non estivera representada na conferencia, engadiu o seu nome máis tarde.
Os fundadores da ONU tiñan grandes esperanzas de poder actuar para previr novas guerras. Aqueles desexos non se conseguiron en moitos casos. Desde 1947 ata 1989 (Caída do Muro de Berlín) a división do mundo en zonas hostís durante a chamada Guerra fría tornou este obxectivo moi difícil de acadar debido ao sistema de veto do Consello de Seguridade.
NOTA: As siglas varían segundo os idiomas oficiais das Nacións Unidas.
Política
Lingüística
A Organización das Nacións Unidas ditou, no ano 1966, que “nos estados en que haxa minorías étnicas relixiosas ou lingüísticas, as persoas que pertenzan a estas minorías non poden ser privadas do dereito de ter, comunitariamente co resto de membros do seu grupo, a súa propia vida cultural, nin de practicar e profesar a súa propia relixión, nin de usar a súa propia lingua”.
Principais contribuíntes ao orzamento da Organización
ONU.Países con participación superior a 1%
nos ingresos do orzamento ordinario da ONU (2003).