Nova Escocia

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire

Nova Escocia (en Latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia, en gaélico escocés: Alba Nuadh e en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental de Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena de Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,[1] faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.

A economía de Nova Escocia ten estado tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes tense diversificado. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financieiros.

A provincia inclúe varias rexións da nación Mi'kmaq de Mi'gma'gi, que cubre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terranova. Nova Escocia xa era hogar do pobo Mi'kmaq cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rxión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Nova Brunswick, e a Provincia de Canadá.

Xeografía

A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo Océano Atlántico, incluíndo numerosas bahías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao norleste da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie de Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo.

Mapa de Nova Escocia


Divisións administrativas do Canadá Bandeira do Canadá
Provincias: Columbia Británica | Alberta | Saskatchewan | Manitoba | Ontario | Quebec | Nova Brunswick | Illa do Príncipe Eduardo | Nova Escocia | Terra Nova e Labrador
Territorios: Yukón | Territorios do Noroeste | Nunavut

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.