Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión.
O termo norma (do latín, "regra"), ten numerosas acepcións:
Norma (dereito), unha norma xurídica é unha regra ou ordenación do comportamento ditada por autoridade competente, cuxo incumprimento trae aparellado unha sanción;
en socioloxía, unha norma social é un regra á que se deben axustar as condutas, tarefas e actividades do ser humano nunha determinada sociedade; o conxunto das mesmas compón a parte moral ou ética da cultura;
un caso específico pero destacado das normas sociais son as normas sexuais;
Norma de calidade é unha regra ou directriz para as actividades, deseñada co fin de conseguir un grao óptimo de orde no contexto da calidade;
Normas GMP (do inglés, Good Manufacturing Practice): As normas GMP son un conxunto de normas e procedementos a seguir na industria farmacéutica para conseguir que os produtos sexan fabricados de xeito consistente e acorde a certos estándares de calidade;
Normalización técnica ou estandarización é a redacción e aprobación de normas industriais, unha tarefa a cargo de varias institucións internacionais (ISO), nacionais (DIN alemás, BS británicas, AENOR para as UNE españolas) ou mesmo sectoriais (automóbiles, aviación, informática);
Normativización ou estandarización é a fixación dunha variedade estándar (normalmente chamada normativa na tradición sociolingüística galega pero norma noutras escolas) dunha lingua para o seu uso oficial ou institucional;
Normas de Castellón; Son unhas normas ortográficas elementais, que seguen basicamente, as normas fabrianas, adaptadas ao valenciano.
Norma é ademais un nome de muller; entre as chamadas Norma atópanse
Norma (ópera): A prtagonista dunha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto de Felice Romani, estreada na Scala de Milán o 26 de decembro de 1831;
Norma Aleandro, unha actriz de teatro e cine arxentina nacida en Bos Aires o 2 de maio de 1936;
Norma Arrostito, unha dirixente política xuvenil arxentina que xunto á súa parella Fernando Abal Medina integrou a cúpula fundacional da organización armada Montoneros;
Norma Jean Baker, máis coñecida como Marilyn Monroe, unha actriz estadounidense nacida nos Anxos (California), e que chegou a ser un símbolo sexual dos anos 1950.
Finalmente, Norma Editorial é unha empresa española independente dedicada á edición de cómics.