Nintendo DS

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Nintendo DS

Nintendo DS (abreviatura de Dual Screen, «pantalla dual» ou, segundo Satoru Iwata, presidente de Nintendo, abreviatura de Developer's System, «a consola dos desarrolladores»), é a última consola portátil de Nintendo ata a data. Según Nintendo, é unha terceira líña de produtos e non se trata da sucesora tecnolóxica da actual Game Boy Advance. O nome desta consola abreviase como "NDS" ou simplemente como "DS". Tratase da videoconsola portátil máis vendida na actualidade en todo o mundo (con máis de 14 millóns de sistemas vendidos, frente ós 8 millóns vendidos pola súa competencia, PSP) e tamén a que máis rápido conseguiu superar o millón de unidades en vendas da historia dos videoxogos.

Esta consola naceu da filosofía de Nintendo basada na innovación ou, como a propia compañía o chama, "expansión". Lonxe de centrarse nunha simple evolución gráfica, en ofrecer unha vez máis o mesmo de sempre pero con mellor calidade visual, optaron por engadir características que fixeran da súa nova portátil algo totalmente novo e único, que expandise a experiencia xogable e que permitira que o xogador deixara de xogar só cos sentidos, a vista e o oído, e que puidera interactuar e sentir os xogos.

A Nintendo DS ademais do seu propio catálogo de xogos é compatible cos xogos de Game Boy Advance, pero non cos de Game Boy e Game Boy Color.

Nintendo DS Lite é a primeira reedición para Nintendo DS. Foi anunciada o 26 de xaneiro de 2006.

Lanzamento ao mercado

A consola foi presentada o 11 de maio de 2004 no Electronic Entertainment Expo (E3) de Os Ánxeles, California.

Véxase Tamén

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.