Namibia

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Republic of Namibia
República de Namibia
Bandeira de Namibia Escudo de Namibia
Bandeira Escudo
Lema: Unity - Liberty - Justice
(inglés: Unidade – Liberdad e- Xustiza)
Himno nacional: Namibia, Land of the Brave (Namibia, terra dos valentes)
 
 
Capital
 • Poboación
Windhoek
228.500 hab. (2003)
Cidade máis poboada Windhoek
Linguas
 • Oficiais
n/d
Inglés 1
Forma de goberno República
Hifikepunye Pohamba
Nahas Angula
Independencia
Data
de Sudáfrica
21 de marzo de 1990
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 34º
825.418 km2
desprezable
3.824 km km
1.572 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 142º
2.030.692
2,5 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 127º

US$ 6.658
IDH n/d
Moeda Dólar namibio (NAD)
Xentilicio Namibio, namibia
Fuso horario UTC + 1
Dominio de Internet .na
Prefixo telefónico +264
Prefixo radiofónico V5A-V5Z
Código ISO 516 NAM NA

1 A maioría da poboación branca fala alemán ou afrikáans. Ambas linguas foron idiomas oficiais ata 1990, cando o país logrou a independencia

Tódolos países do mundo


Namibia é un país da África Austral, limitado ao norte por Angola e por Zambia, ao leste e ao sur por Botsuana, ao sur pola Sudáfrica e ao oeste polo Océano Atlántico. Capital: Windhoek.

Índice

Xeografía

Relevo

O litoral namibio é pouco recortada e está ocupada polo deserto de Namibia nunha franxa duns 50 km de anchura media. Desde aí érguense unha serie de cadeas montañosas, en parte transversais e en parte paralelas á costa, que en determinados puntos da parte central superan os 2.000 m de altitude (Brandberg, 2.606 m; Monte Erongo, 2.350 m; Gonsberg, 2.332). Unha serie de ríos curtos baixan desde estes cordais cara o Océano Atlántico, creando varios ríos transversais, pero dada a sequedade do clima, a maioría non chegan até o mar, formando porén lagoas endorreicas pantanosas no mesmo deserto, pero son moi importantes para a subsistencia da flora e a fauna. Só algúns destes cursos como o río Ugab ou o Kuiseb desaugan no mar.

Tras as cadeas montañosas érguese un estenso planalto, entre 800 e 1.200 m de altura media, que ocupa o centro do país desde o norte ao sur. Nel aséntase a capital, Windhoek, a máis de 1.600 m de altitude.

Hidrografía

A costa de Namibia está limitada por dous grandes e caudalosos ríos: ao norte o Cunene, que serve de fronteira con Angola e ao sur o Orange, que fai o mesmo papel a respeito da República Sudafricana. Como a zona norte é a única do país que supera os 500 mm anuais de precipitacións, xunto con o Cunene e tributarios do gran río endorreico internacional, o Okabango, é o único territorio namibio onde é posíbel unha agricultura (millo, sorgo) e gandería. No sur o Oranxe ten algún gran afluente como o Fish, pero por contra penetra, polo leste, o deserto de Kalahari.

Historia

Os primeiros habitantes de Namibia foron probabelmente os san (bosquimanos), seguidos dos namas e dos damaras. A partir do século XIV entraron na rexión diversos grupos bantús, entre os que se encontraban os hereros e os ovambos.

Os primeiros europeos que alcanzaron o país foron os portugueses. O interior do país foi explorado polos europeos durante o século XIX. En 1884 Alemaña creou no país unha colonia con o nome de África Sudoccidental Alemana, que tamén se coñeceu como África do Sudoeste Alemana (Deutsch-Südwestafrika), con a excepcióne do territorio en torno a Walvis Bay que foi posesión británica.

Sudáfrica, dominio británico, ocupou Namibia durante a Primeira Guerra Mundial e logo administrou o país como un mandato da Sociedade de Nacións até a Segunda Guerra Mundial, momento no que a autoridades sudafricana anexionaron directamente o territorio. En 1966 a organización SWAPO (South-West African People's Organization), de inspiración marxista, iniciou unha guerrilla independentista contra as forzas sudafricanas, e no mesmo ano a ONU revogou o mandato que a Sociedade de Nacións outorgara a Sudafrica para administrala. No ano 1988, Sudáfrica decidíu pór fin ao seu control aceptando un plano de paz da Organizacións das Nacións Unidas, que conducíu á plena independencia de Namibia en 1990. A rexión de Walvis Bay permaneceu sob control sudafricano como enclave, pero finalmente foi cedido a Namibia en 1994.

Subdivisións

Namibia está subdividida en 13 rexións.

  1. Caprivi
  2. Erongo
  3. Hardap
  4. Karas
  5. Kavango
  6. Khomas
  7. Kunene
  8. Ohangwena
  9. Omaheke
  10. Omusati
  11. Oshana
  12. Oshikoto
  13. Otjozondjupa

Demografia

Namibia é un país con cerca de 1.500.000 habitantes, concentrados sobre todo no Norte e na zona da capital. A densidade populacional é moi reducida ou mesmo nula, como no caso da rexión da Costa dos Esqueletos. A taxa de natalidade é alta, mais a percentaxe de indivíduos seropositivos atinxe preto do 15%, polo que non se espera grande crecimento nos próximos anos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Seixeles | Senegal | Serra Leona | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibutí | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Mayotte | Melilla | Illa de Reunión | Sáhara Occidental

Article keywords: botswana guide lonely lonely namibia planet planet travel, namibia safari, namibia africa, namibia travel, windhoek namibia, footprint footprint guide namibia travel, air namibia, university of namibia, namibia wildlife,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.