|
Article on other languages:
|
A NBA ou National Basketball Association é a liga profesional de baloncesto de América do Norte, aínda que se considera practicamente só estadounidense, xa que o único equipo estranxeiro, Toronto Raptors, é de Canadá. A meirande parte dos mellores xogadores do mundo xogan na NBA e, grazas a iso, é considerada, cunha grande diferencia, a mellor liga de baloncesto do mundo. A NBA fundouse en Nova York o 6 de xuño de 1946 como a Basketball Association of America. Adoptou o nome actual en 1949, trala unión de varios clubs da desaparecida National Basketball League. O partido inaugural foi un New York Knicks - Toronto Huskies, o 1 de novembro de 1946 co Maple Leaf Gardens de Toronto como escenario. O partido foi visto por 7.090 espectadores. Na actualidade, a NBA está formada por 30 equipos, divididos en dúas conferencias, Oeste e Leste, e seis divisións, Atlántico, Central e Sueste no Leste; e Noroeste, Pacífico e Suroeste no Oeste.
Tempada RegularTralas vacacións de verán, chegan as sesións de adestramento en outubro que permiten ó persoal de adestramento evaluar ós xogadores (especialmente ós novatos), estudar os puntos débiles e fortes do equipo, preparar ós xogadores para a tempada regular e decidirse polos 12 homes que formarán o plantel (e outros tres máis na lista de xogadores inactivos, se é necesario). Os equipos poden asignar xogadores con menos de dous anos de experiencia na liga á NBA Development League (liga de desenvolvemento). Logo comézase unha serie de partidos de exhibición antes da tempada regular que se inicia na primeira semana de novembro. Na tempada regular cada equipo disputa 82 partidos, divididos en partes iguais entre encontros de local e visitante. O calendario non é o mesmo para todos. Os equipos enfróntanse cos opoñentes da súa propia división en catro ocasións; ante os das otras dúas divisións da súa conferencia, entre tres ou catro veces; e contra os da outra conferencia, dúas veces ó ano. Polo tanto, un equipo pode ter fácil ou difícil o calendario, dependendo da división ou conferencia na que esté sito. Despois dos recentes cambios de formato do calendario da NHL, a de baloncesto é a única liga norteamericana de primeiro nivel na que as franquicias enfróntanse unhas contra outras durante a tempada regular, e na que un ticket de tempada garantízate poder ver ó teu equipo cada vez que veña a xogar á cidade durante a fase regular. En febreiro, a NBA interrumpese para celebra-lo anual All-Star Game. Os fans de todo o mundo a través de Internet votan ós seus xogadores preferidos, e o xogador máis votado en cada posición e en cada conferencia comezará de titular no equipo All-Star da súa conferencia. Os adestradores son os encargados de elixir ós 14 xogadores restantes. Os adestradores que mellor balance de vitorias-derrotas levan co seu equipo ata febreiro son os responsables de dirixir ó equipo da súa conferencia. O Oeste e o Leste se enfrontan, e o xogador que mellor actuación faga durante o encontro será galardonado co premio MVP do All-Star. Outra das atraccións do fin de semana das estrelas son o partido entre os rookies (novatos) e os sophomores (xogadores de segundo ano), e os concursos de triplas, mates e habilidades. Tralo All-Star, remata o prazo para realizar traspasos. Despois dese día, os equipos non poden intercambiar xogadores ata final de tempada, aínda que sí está permitido asinar axentes libres e despedir xogadores. Moitos traspasos teñen lugar pouco antes ou durante esa data, facendo dese día un dos máis axitados para os equipos en todo o ano. No mes de abril, remata a tempada regular. Durante ese tempo, comeza o período de votación dos premios individuais da tempada. O premio ó mellor sexto home recibeo o xogador que máis aportou sen ser titular no seu equipo. O rookie do ano vai para o mellor novato, mentres que o premio ó Jugador Máis Mellorado recibeo, coma o seu propio nome indica, ó xogador que máis mellorou dunha tempada a outra. O xogador máis defensivo da liga lévase o premio ó mellor defensor, o adestrador do ano para o mellor entrenador desa tempada, e o MVP o xogador máis valioso. Ademais, Sporting News concede anualmente un premio non oficial (pero ampliamente aprobado) ó mellor executivo da tempada. Na postempada tamén danse a coñece-los tres mellores quintetos do ano, así coma o dos rookies e o mellor quinteto defensivo. PlayoffsOs Playoffs da NBA comenzan a finais de abril, con oito equipos de cada conferencia clasificados. Os tres primeiros postos de cada conferencia veñen determinados polos primeiros clasificados en cada división, seguindo á súa vez o balance vitorias-derrotas. Os cinco equipos restantes están determinados polo récord de vitorias entre os equipos non gañadores de división na conferencia. Sen embargo, o ser campeón de división non garantiza te-la vantaxe de cancha nas eliminatorias dos playoffs, algo insólito nos deportes norteamericanos. A vantaxe de cancha está estrictamente basada no balance de vitorias-derrotas durante a tempada regular, sen respectar ós gañadores de división. Ter un récord máis alto ofrece varias vantaxes. Xa que o primeiro clasificado xogará contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, o terceiro contra o sexto e o cuarto contra o quinto, ter un mellor balance normalmente quere dicir que enfrontaraste a un equipo máis débil. A franquicia con mellor balance ten a vantaxe de cancha en cada serie de playoffs, incluida a primeira rolda. Isto significa que, por exemplo, se o equipo que recibe ó sexto clasificado ten mellor balance que o terceiro clasificado, o sexto tería vantaxe de cancha, a pesares de que o terceiro equipo teña un posto na clasificación máis alto. As series de playoffs seguen un formato de competición. Cada eliminatoria é ó mellor de sete partidos, avanzando de serie o primeiro que gañe catro partidos, mentres que o perdedor é eliminado dos playoffs. Na seguente rolda, o equipo gañador xoga contra outro da súa mesma conferencia. Así, todos excepto un son eliminados dos playoffs en cada conferencia. En cada rolda excepto nas finais da NBA, séguese o modelo 2-2-1-1-1, querendo dicir que o equipo que teña a vantaxe de cancha xogará na casa os partidos 1, 2, 5 e 7, mentres que o seu rival farano nos partidos 3, 4 e 6. Xa nas finais, séguese o modelo 2-3-2, no que o equipo coa vantaxe de campo xoga na casa os partidos 1, 2, 6 e 7, e o outro equipo nos partidos 3, 4 y 5. Na rolda final, enfóntanse os campións de cada conferencia ó mellor de sete partidos. O primeiro que consiga vencer en catro partidos, proclamarase como o campión da NBA. Dispútase anualmente en xuño, e o campión recibe o Larry O'Brien Championship Trophy. A cada xogador do equipo victorioso, ademais do adestrador e o general manager, entrégaselle un anel de campión. Ademais, a liga entrega o premio MVP das Finais, que normalmente recibe un xogador do equipo gañador, aínda que isto non sexa unha norma. Só houbo unha excepción ata a data actual: Jerry West recibiu o MVP das Finais en 1969 (primeira tempada na que se entregaba este premio) a pesares de que Lakers non gañaron o anel. HistoriaA Basketball Association of America foi fundada en 1946 por propietarios dos principais pavillóns deportivos do Norleste e Medio-Oeste, coma o Madison Square Garden de New York. Aínda que xa houberan antes outras ligas de baloncesto profesionais, coma a American Basketball League e a National Basketball League, a BAA foi a primeira liga en tentar xogar principalmente en pavillóns grandes de cidades importantes. Durante eses anos o nivel da BAA non era obviamente aínda mellor que o das outras ligas, nin os equipos podíanse comparar cos clubs independentes coma os Harlem Globetrotters. Por exemplo, Baltimore Bullets, finalista da ABL en 1947, mudouse á BAA e gañou o título en 1948, seguido por Minneapolis Lakers, gañador da NBL en 1948 e ó ano seguinte na BAA. Trala tempada de 1948, a BAA estivo de acordo en fusionarse coa NBL, renomeando a liga como National Basketball Association, con 17 franquicias sitas nunha mistura de cidades grandes e pequenas, así como pavillóns con máis capacidade e ximnasios máis pequenos. En 1950, a NBA consolidouse en once franquicias, situación que seguíu ata 1954, cando chegou a contar con tan só oito equipos que aínda perduran (Knicks, Celtics, Warriors, Lakers, Royals/Kings, Pistons, Hawks e Nationals/76ers). Nesa época, a NBA asistiu tamén ó cambio de franquicias a cidades máis grandes. Os Hawks abandonaron o área de "Tri-Cities" (agora Quad-Cities) para mudarse a Milwaukee e máis adiante a St. Louis; os Royals de Rochester a Cincinnati; e os Pistons de Fort Wayne a Detroit. En 1950 tamén viuse a integración na NBA, coa incorporación dos primeiros xogadores afroamericanos á liga, como eran Chuck Cooper (Boston Celtics), Nat "Sweetwater" Clifton (New York Knicks) e Earl Lloyd (Washington Capitols). Durante ese período, Minneapolis Lakers, liderados polo pivote George Mikan, gañou 5 aneis, establecendo a primeira dinastía na historia da liga. Hoxe, máis de cinconta anos despois, a NBA compónse de xogadores de moitas razas diferentes, así coma de diversos orixes e culturas. A meirande parte (80%) de xogadores na actualidade son afroamericanos. Despois de que os xogadores negros entraran na NBA, o seu estilo de xogo cambiou ó mesmo. Tiñan un estilo moi extrovertido, e eran máis rápidos e hábiles. Incorporaron o mate ó xogo, e actuaban cuns movementos un tanto chulescos e chamativos. Era un estilo "negro" de xogar ó baloncesto, veloz axilmente, e cun grande manexo do balón. Para aumenta-lo ritmo do xogo e animalo, incorporouse a regra dos 24 segundos de posesión, na que se determinaba que un xogador debe lanzar a canastra antes de que o tempo remate, ou se ben o seu lanzamento non toca aro ou se converte en canastra, pitarase violación do xogo e o equipo atacante perderá a posesión. En 1956, o pivote rookie Bill Russell incorpórase ós Boston Celtics, equipo que xa contaba cun dos mellores bases da liga, Bob Cousy, e un dos adestradores máis laureados da historia da NBA, Red Auerbach. Con Russell, este equipo converteríase nunha auténtica lenda, gañando 11 aneis nas 13 tempadas nas que estivo en activo. En 1959 o tamén pivote Wilt Chamberlain entrou na liga e en pouco tempo converteríase nun dos xogadores máis dominantes que endexamáis pisara unha cancha de baloncesto, establecendo todo tipo de récords en puntos e rebotes, e chegando, incluso, a anotar 100 puntos nun partido. A súa rivalidade con Russell é recordada como unha das máis grandes na historia do deporte. Nese período, a NBA fortaleceuse co movemento de Minneapolis Lakers aos Ánxeles, de Philadelphia Warriors a San Francisco, e de Syracuse Nationals a Filadelfia. En 1967, a liga afrontou unha nova ameaza externa coa formación da ABA. Ambas ligas entraron nunha guerra de puxa polo talento. A NBA conseguiu á estrela universitaria máis importante de aquela era, Kareem Abdul-Jabbar (aínda coñecido como Lew Alcindor), que xunto a Oscar Robertson liderou a Milwaukee Bucks a gañar un título na súa segunda tempada, e que máis tarde xogaría nos pentacampións Lakers. Sen embargo, o máximo anotador da NBA, Rick Barry, deu o salto á ABA ó igual que outros catro veteranos árbitros: Norm Drucker, Earl Strom, John Vanak e Joe Gushue. A ABA tamén tivo éxito á hora de asinar xóves valores, como Julius Erving, en parte porque estaba permitido asinar xogadores directamente dende o instituto. A NBA expandiuse rapidamente nesa época, co obxectivo de que as franquicias teñan sede no maior número de cidades viables posible. Ó finaliza-la tempada regular en 1976, as ligas estableceron un acuerdo no que catro equipos pasaban da ABA á NBA, aumentando esta liga o número de franquicias a 22. Ese mesmo ano, a liga agregou da ABA a innovadora liña de tres puntos, e entrarían na liga os rookies Magic Johnson e Larry Bird, para xogar nos Lakers e Celtics respectivamente, o que deu comezo a un período no que o interese pola liga e o número de siareiros medrou tanto no país coma no mundo entero. A preciosa rivalidade que mantiñan estes dous xogadores foi, coma moitos din, un dos feitos que salvaron á liga, que parecía que comezaba a vagar sen rumbo antes das súas chegadas. Bird gañaría con Boston tres títulos, mentres que Johnson proclamaríase vencedor de cinco campionatos cos Lakers. En 1984, Michael Jordan 'aterraba' na liga, provocando un maior interese na liga. Xa en 1989, o número de equipos medraba ata os 27, seguindo o proceso de expansión. Durante a década dos 90, Jordan gañaría seis aneis cos Bulls adestrados por Phil Jackson. Nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 viuse ó mellor equipo da historia do baloncesto, o popular 'Dream Team' de Estados Unidos, que contaba por primeira vez con xogadores NBA e con estrelas como Jordan, Bird, Magic Johnson, Scottie Pippen, Charles Barkley ou John Stockton. Nesta década, un elevado número de xogadores comezou a chegar doutros países. Ó principio, eses xogadores, coma Hakeem Olajuwon (MVP en 1994) de Nixeria, primeiramente xogaban na NCAA para perfeccionar as súas habilidades. Agora, un número crecente de xogadores chega á NBA directamente dende Europa ou calquera outra parte do mundo, casos coma Pau Gasol (Rookie do ano en 2002) de España, Yao Ming (número 1 do draft de 2002) de China, ou os 'All-Star' Dirk Nowitzki (Alemaña) e Manu Ginobili (Arxentina). Hoxe, os xovenes xogadores de fala inglesa tenden a asistir a universidades estadounidenses antes de comezar a xogar na NBA, como por exemplo, o australiano Andrew Bogut (número 1 do draft de 2005) e o canadiense Steve Nash (MVP da tempada en 2005 e 2006), mentres que outros xogadores internacionais chegan procedentes de equipos profesionais dos seus respectivos países. A NBA é agora televisada en 212 nacións en 42 idiomas. En 1996 a NBA creou unha liga feminina, a WNBA, e en 2001 unha liga menor afiliada, a NBDL. En 1998 os propietarios iniciaron unha folga patronal (chamada coloquialmente lockout) que durou 191 días, ata o 6 de enero de 1999. Como resultado deste 'lockout', a tempada quedou ese ano reducida a 50 partidos en lugar dos habituais 82. Hoxe en día, a NBA alcanzou as 30 franquicias e segue a desenvolverse como unha das principais ligas deportivas do mundo. Límite SalarialO límite salarial é o límite que os equipos poden gastar en contratos de xogadores, e que existe para iguala-lo nivel dos equipos da NBA. Sen ‘salary cap’ os equipos poderían ofertar moitos cartos ós axentes libres sen corre-lo riesgo de sobrepasarlo. A idea básica é esa, que un equipo non poida contratar un axente libre se excede o ‘salary cap’. O ‘salary cap’ para cada futura campaña, está suxeito a unhas adaptacións, e será calculado multiplicando o BRI ("Basketball Related Income" que se trata dun termo definido que incluye tódolos ingresos recibidos polos equipos como resultado das distintas operacións levadas a cabo) por un 48.04%, restando os beneficios dos xogadores, e dividindo o resultado entre 29. O salario mínimo dun equipo é calculado multiplicando o límite salarial polo 75%. FranquiciasConferencia Leste
Conferencia Oeste
Notas:
Equipos desaparecidos
Palmarés
Historial da NBA
Presidentes e Comisionados
Premios
Véxase tamén
Ligazóns externasOficiais
Estatísticas
Noticias
|