|
Article on other languages:
|
A mula é o resultado da hibridación entre un burro e unha egua, de tamaño semellante a esta. Utilizábase na agricultura como besta de carga. Como acontece con outros híbridos, é un animal estéril. O cruce resultante da hibridación entre cabalo e burra é a mula burreña (cast. burdégano), máis pequena e máis débil. O nome provén do latín mulla, orixinalmente aplicado á cría de dúas especies diferentes. Cando é macho, denomínase simplemente macho. Cando é femia, mula. A denominación de besta aplícase a calquera équido, como animal de carga, e tamén especificamente á egua.
DescriciónA mula é un animal relativamente grande, semellante a un cabalo, ó que tamén se parece na forma do pescozo e o recadén. O ventre é cilíndrico, peito ancho e prominente e costelas arqueadas (o que lle aumenta a resistencia ó esforzo). Toma do burro a cabeza grosa e curta, as orellas longas e estreitas, e o rabo con sedas só no extremo. Así mesmo, carece de castañas: crecemento córneo na cara interna das béstas. As patas son finas e as pezuñas pequenas en relación co tamaño do animal. A capa é moi variable, sendo habitual unha zona abrancazada ó redor do fociño e dos ollos. A alzada á cruz é duns 135-145 cm de media, e o peso é duns 250 kg nas femias e de 300-350 kg os machos. As mulas son extremadamente fortes e resistentes, o que as fixo moi apreciadas para o transporte de cargas pesadas a largas distancias, sobre todo en terreos montañosos e difíciles. Os burreños, en cambio, son pequenos e débiles. A voz da mula ten certo parecido co do burro pero nin é o orneo deste nin o rincho do cabalo, pero adoita usarse rinchar para designar esta acción. A xestación que dá lugar a mulas e burreños vén durando ó redor dos 355 días, mentres que a da egua adoita ser duns 340 días e a da burra duns 365 días. Usos agrícolasAs mulas foron sempre, xa desde os tempos dos romanos, de grande utilidade na agricultura como bestas de carga, medios de transporte e forza tractora do arado, norias e muíños. Debido á mecanización dos labores do campo e o uso de diversa maquinaria agrícola que satisface estas necesidades de modo máis eficiente, os animais domésticos utilizados pola súa aptitude para o traballo, como bois, cabalos, burros ou mulas, perderon a súa razón de ser e sofren desde mediados do século pasado un progresivo e imparable descenso. Bois e vacas, polas súas aptitudes cárnicas e lácteas, conseguiron manter un censo estable, pero non foi así nas outras especies. Dos cabalos só quedan os dedicados á equitación e outras actividades de lecer, pero burros e mulas non puideron adaptarse e perden efectivos nun descenso evidente. En calquera caso non se pode esquece-la resistencia, forza e seguridade destes animais, tanto no traballo como no paso. Tamén foron moi utilizadas durante séculos nas guerras e no traballo nas minas. Os cascos da mula son máis resistentes cós do cabalo e tamén son máis resistentes fronte a insectos e fronte a enfermidades propias deste gando. O uso das mulas para o transporte de cargas a longas distancias foi moi común en Galicia. A figura dos arrieiros ou recoeiros transportando bocois de viño duns lugares a outros, ou cestas de peixe nas zonas de costa, coas súas recuas de bestas arrabadas, forma parte da memoria histórica de toda España. Esta imaxe deu lugar a que o nome de arrieiro designe en Frades á procesionaria do piñeiro ou rapacús, que se despraza dun xeito similar. Aínda así, a realidade non deixa dúbida. Os censos publicados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación evidencian claramente o descenso imparable do número de cabezas ano tras ano:
(En miles de cabezas. Fonte: Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación) En Tomelloso (Ciudad Real) existe unha asociación denominada Tomillar Tradiciones [[1]], dedicada á protección das mulas, polo papel que desempeñou este animal no desenvolvemento económico da cidade. EsterilidadeXa dixemos que as mulas, como os burreños, son case sempre estériles. En realidade, tódolos machos son estériles pero hai casos de mulas femias que empreñaron, aínda que neste caso son frecuentes os problemas durante a xestación e as súas crías foron animais débiles e de pouco peso [[2]]. A causa da esterilidade radica no diferente número de cromosomas das dúas especies: os cabalos teñen 64 cromosomas e os burros só 62. As mulas presentan 63 cromosomas. A Universidade de Idaho conseguiu no 2003 a reprodución dunha mula por clonación [[3]]. A mula na cultura popularEn Castro Caldelas (Ourense) existeu unha figura típica do Entroido á que se coñece como a Mula falsa. Está formada por dous homes cubertos cunha manta e cunha cabeza de mula feita de trapos, vestida cos apeiros propios, albarda, etc. Un terceiro home, disfrazado de maragato, conducía a mula para encirrala contra os espectadores. Locucións
Refraneiro
Article keywords: inva mula tchako, mula bandha, mula da cooperativa, de foto mula, for mula 1, mallu mula, jus mula, chechi mula pooru, mula sa puso, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.