A historia de Mozambique encontrase documentada polo menos a partir do século X, cando un estudioso viaxante árabe, Al-Masudi descrebeu unha importante actividade comercial entre as nazóns da rexión do Golfo Pérsico e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que incluía grande parte da costa norte e centro do actual Mozambique.
Sen embargo, varios achadegos arqueolóxicos permiten caracterizar a "prehistoria" de Mozambique (antes da escrita) por moitos séculos antes. Probablemente o evento mais importante desa prehistoria foi a fixación nesta rexión dos pobos Bantú que, non só eran agricultores, mais introduciron aqui a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.
A penetración portuguesa en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 - coa partilla de África polas potencias europeas durante a Conferencia de Berlín - transformouse nunha ocupación militar, ou sexa, na submisión total dos estados ali existentes, que levou, nos comezos do século XX a unha verdadeira administración colonial.
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de Xuño do 1975.
Ademais de membro da Unión Africana, Mozambique é tamén membro fundador da SADC - Comunidade para o Desenvolvimento da África Austral.
Mapa de Mozambique
Política
A Frelimo foi o movimento que loitou pola libertación desde o comezo da década de 1960. Despois da independencia, a Frelimo tornouse nun partido político e pasou a controlar o poder. Samora Machel ocupou a presidencia do país ata a sua morte no 1986. A Frelimo permaneceu no poder ata hoxe, tendo gañado por tres vezcs as eleicións multi-partidarias realizadas en 1994, 1999 e 2004. A Renamo é o principal partido de oposición.