|
Article on other languages:
|
Unha motocicleta é un vehículo de dúas rodas impulsado por un motor de combustión interno a gasolina. O cadro e as rodas constitúen a estrutura fundamental do vehículo. A roda directriz é a dianteira e a roda motriz é a traseira. Comunmente, en galego coñécese mediante a abreviatura moto.
HistoriaO americano Sylvester Howard Roper (1823-1896) inventou un motor de dous cilindros a vapor (accionado por carbón) en 1867. Esta pode ser considerada a primeira motocicleta, se se permite que a descrición dunha motocicleta inclúa un motor a vapor. Wilhelm Maybach e Gottlieb Daimler construíron unha moto con cadro e catro rodas de madeira e motor de combustión interna en 1885. A súa velocidade era de 18 km/h e o motor desenvolvía 0,5 cabalos. Gottlieb Daimler usou un novo motor inventado polo enxeñeiro Nikolaus August Otto. Otto inventou o primeiro motor de combustión interna de catro tempos en 1876. Chamouno "Motor de Ciclo Otto" e, axiña que como o completou, Daimler (antigo empregado de Otto) converteuno nunha motocicleta que algúns historiadores consideran a primeira da historia. En 1894 Hildebrand e Wolfmüller presentan en Munich a primeira motocicleta fabricada en serie e con claros fins comerciais. A Hildebrand e Wolfmüller mantívose en produción ata 1897.Os irmáns rusos fincados en París Eugéne e Michel Werner montaron un motor nunha bicicleta. O modelo inicial co motor sobre a roda dianteira comezouse a fabricar en 1897. En 1902 inventouse o escúter (provén do inglés 'scooter'), tamén coñecido como auto cadeira de brazos, polo francés Georges Gauthier. A escúter é unha moto munida dun cadro de mandos de protección. Foi fabricada en 1914. Tivo unha gran popularidade, sobre todo entre os mozos. Está composto por dúas rodas de pouco diámetro e un cadro aberto que permite ao condutor estar sentado no canto de ao carricho. Tamén contén unha carrocería que protexe todos os mecanismos, e ofrece algún pequeno espazo de almacenaxe de obxectos pequenos e dunha roda de recambio. Son vehículos urbanos, aínda que tamén se poden facer viaxes longas. O que destaca neste tipo de motos é a comodidade do manexo e facilidade de condución, e non o desenvolvemento de grandes velocidades. En 1910 apareceu o sidecar, un carro cunha roda lateral que se une ao carón da motocicleta. Consta dun bastidor (dunha soa roda) e dunha carrocería que protexe ao pasaxeiro. A motocicleta que o arrastra, convértese nun vehículo de tres rodas e a súa condución contrólase mediante o xiro do manillar, ao non poder executarse a basculación. Xa aparecera anos antes, pero en bicicletas e coa proliferación dos vehículos chamados "utilitarios" desapareceu practicamente da circulación. Logo de volver da Segunda Guerra Mundial (1945), os soldados estadounidenses parecían descontentos coas motocicletas que eran construídas por Harley-Davidson e Indian. As motos que montaran en Europa eran máis lixeiras e máis divertidas de conducir. Estes veteranos comezaron a andar con outros ex-soldados para volver vivir algo da camaradería que sentiran no servizo. Estes grupos déronse conta que as súas motocicletas necesitaban os cambios que Harley non lles proporcionaba. Así naceu a Chopper. Partes dunha motocicleta
Tipos de MotocicletaDependendo do seu uso, as motocicletas pódense englobar en varias categorías: Motocicletas de estradaEstán destinadas a un uso exclusivo por estrada debido á configuración da súa construción, e estas á súa vez poden ser:
Motocicletas de campoTamén coñecidas como "Off Road", están conformadas para unha utilización por terreos irregulares e divídense en:
Véxase TaménArticle keywords: cascos motocicleta, diarios motocicleta, mecanica motocicleta, diario de motocicleta, motocicleta manual, los diarios de motocicleta, cu jocuri motocicleta, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.