|
Article in other languages:
|
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 10.4 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia. Tamén é considerada a cidade máis populosa de Europa. Foi a capital da antiga Unión Soviética e da Rusia pre-imperial. En Moscova atópase o famoso Kremlin que actualmente serve como residencia do xefe de goberno. A arquitectura e cultura de Moscova teñen sona mundial, Moscova tamén é coñecida pola famosa catedral de San Basil, coas súas elegantes cúpulas douradas ,tamén é coñecida a Catedral de Cristo Salvador. O Patriarcado de Moscova ,cuxa residencia é o Mosteiro de Danilov , serve como cabeceira da Igrexa Ortodoxa Rusa. Moscova tamén segue sendo o centro económico e o fogar dunha longa lista de Billonarios;así mesmo é considerada unha das cidades más caras de todo o mundo , e é o fogar de multitude de institucións culturais e científicas ,xunto con importantes instalacións deportivas. A cidade posúe un complexo sistema de transporte e un dos metros máis densamente utilizados ,o cal é famoso pola súa arquitectura. Moscova tamén acolleu os Xogos Olímpicos de verán de 1980.
Orixe etimolóxica do nomeO nome da cidade procede do río que a atravesa denominado Moscova ou Moskva, en antigo ruso: град Москов, literalmente a cidade do río Moskva. A orixe do nome é descoñecida, aínda que existen varias teorías.[1] Unha teoría suxire que a orixe do nome procede dunha antiga lingua finesa, na que significa "escuro" e "turbio". A primeira referencia rusa de Moscova data de 1147 cando Yuri Dolgoruki lle pedía ao príncipe da República de Novgorod que o visitara a esta cidade.[2] HistoriaMoscova foi fundada no ano 1147 por Yury Dolgoruki (en ruso Юрий Долгорукий). O emblemático conxunto de edificios coñecido como o Kremlin, construído no século XVI, foi a sé permanente dos tsares do Imperio Ruso ata que a comezos do século XVIII Pedro o Grande trasladou a capital a San Petersburgo. Trala Revolución de Outubro e la conseguinte toma do poder polos bolxeviques, a capital foi trasladada novamente a Moscova pois temían unha posíbel invasión de Petrogrado —ex San Petersburgo—, que por atoparse na liña costeira do Mar Báltico era máis vulnerábel a un ataque de algúns países capitalistas que buscaban restaura-la monarquía do tsar. A partires dese momento a vida política da nación concentrouse en Moscova e a cidade pasou a sela capital da Unión Soviética, que agrupou a varios países de Europa e Asia. Despois do final da Segunda Guerra Mundial a Unión Soviética erixiuse como unha das dúas superpotencias de carácter mundial xunto con Estados Unidos. Por iso Moscova e Washington, as súas respectivas capitais, centraron o poder da política e la diplomacia internacional. Ver: Historia de Rusia Ver: Historia urbana de Moscova ClimaO clima de Moscova caracterízase polos invernos fríos, veráns quentes e temperados, e a brevidade da primavera e do outono. As temperaturas dos meses de Agosto e Xullo roldan os 23°Ce (68°F); no inverno, as temperaturas caen ata os -12°C .As precipitacións case non varían ó longo do ano, aínda que os niveis de precipitacións tenden a ser maiores no verán ca no inverno. Demografía
Apartamentos Modernos en Strogino
A poboación de Rusia está a declinar nunhas 700.000 persoas cada ano dende o derrubamento da Unión Soviética en 1991 debido ás baixas taxas de natalidade e mailo aumento da taxa de mortalidade , Moscova non é inmune a estes efectos. No 2003, o número de nados excedeu en 49.400 ó número de finados. Aínda así o número de nados esta medrando pero isto non impide que medre a media de idade dos Moscovitas. No 2004, había o dobre de Moscovitas de 55 anos que de 14 anos. Nembargante, a inmigración á cidade está a paliar estes efectos. Estes novos Moscovitas veñen atraídos polo alto crecemento da economía local , o que contrasta co estancamento ou diminución do resto de Rusia como resultado do proceso de polarización que se está a levar no país. A cidade é fogar de moitos grupos raciais , dende estudantes africanos a xente de negocios de Irlanda. No 2002, a composición étnica de Moscova era dun 84.8% rusos, 2.4% ucraínos, 1.6% tátaros, 1.2% armenios, 0.9% acerís 0.8% xudeus, 0.6% bielorrusos, 0.5% xeorxianos, e un 7.2% doutras orixes. [3]
CulturaMuseos e GaleríasMoitos dos museos e galerías de Moscova posúen coleccións comparables ós mellores museos de Europa do leste e Norte América. As galerías e museos de Moscova adoitan facer exposicións e mostras de Escultura, Fotografía e Pintura, dende o máis vangardista ó máis clásico. Un dos museos máis notables de Moscova é a Galería de Tretyakov, fundada por Pavel Tretyakov, un rico mecenas que doou parte da súa colección privada á cidade. Hoxe en día a Galería Tretyakov atópase dividida en dúas construcións.O vello Tretyakov, a galería orixinal que se atopa na area de Tretyakovskaya no sur do Río Moscova, nela pódense atopar o traballo de famosos pintores da pre-Revolución de Outubro , como Ilya Repin, tamén se poden atopar as vellas Pinturas Iconográficas xunto con traballos de Pintores Iconográficos como Andrei Rublev, e a nova Galería Tretyakov, creada en tempos Soviéticos, e que contén os traballos de pintores desta época e tamén dalgúns pintores contemporáneos. A nova galería posúe unha colección de artistas como Vladimir Tatlin , Kasimir Malevich e Wassily Kandinsky. Outro importante museo da cidade de Moscova é o Museo Pushkin de belas artes, fundado entre outros polo pai de Marina Tsvetaeva. O Museo Pushkin aseméllase ó Museo Británico na cidade de Londres. O museo presenta mostras das culturas das antigas civilizacións. Nembargante, tamén posúe cadros de pintores tan importantes como Claude Monet, Paul Cézanne, e Pablo Picasso. O Museo da Historia do Estado de Rusia (Государственный Исторический музей) é o museo no que se pode atopar mostras de toda historia de Rusia , atópase entre a Praza Vermella e a Praza de Manege en Moscova. As súas exposicións van dende as mostras das tribos prehistóricas que habitaban Rusia ata pezas de arte que pertencían á dinastía dos Romanov. Teatros e outras Artes EscénicasMoscova tamén é o fogar das Artes Escénicas, incluíndo o Ballet ruso e o cinema. Na cidade pódense atopar 99 teatros e 132 cinemas. Entre tódolos teatros de Moscova , o máis importante é o teatro Bolshoi e o Teatro Malyi xunto co Teatro Vakhtangov e o Teatro da Arte de Moscova.
Teatro Bolshoi perante unha obra de teatro en Abril do ano 2005
Tamén hai dous importantes circos en Moscova: o Moscow State Circus e o Moscow Circus no Boulevard de Tsvetnoy. Parques e espazos verdesNa cidade de Moscova atópanse 96 parques e 18 xardíns, incluíndo 4 xardíns botánicos, xunto con 450 quilómetros cadrados de espazos verdes e 100 de bosques. Moscova é unha cidade moi verde comparada coas cidades máis importantes da Europa occidental e América. A cidade ten unha media de 27 metros cadrados de zona verde por habitante, comparado cos 6 de París, os 7,5 de Londres e os 8,6 de Nova York. O parque Gorki, chamado así polo escritor Maxim Gorki foi fundado en 1928. O parque ten unha extensión de 689.000 metros cadrados, e se atopa ao longo do río Moscova. O parque contén todo tipo de atraccións para os cativos, xunto con pistas de tenis e bicicletas de auga nas súas lagoas entre outras actividades deportivas. O parque limita co parque Neskuchniy cunha área de 408.000 metros cadrados. O parque é o máis vello da cidade e no pasado foi residencia do Emperador, entre os seus atractivos destaca o Gran teatro, un dos maiores anfiteatros de Europa, cunha capacidade para 15 mil persoas. O parque Izmaylovskiy, creado en 1931 é un dos maiores parques urbanos do mundo xunto co Richmond Park en Londres. Cunha extensión de 15.34 km² é 6 veces maior co Central Park de Nova York. O parque Sokolniki, cuxo nome está relacionado coas cacerías de falcóns que tiñan lugar no seu emprazamento, é outro dos máis vellos parques de Moscova. O parque ten unha superficie de 6 quilómetros cadrados. O parque nacional Losiny Ostrov (Literalmente - "O parque do alce"), que arrodea ao parque Sokolniki, cunha área de 116 km² foi o primeiro parque nacional declarado en Rusia, localizado na cidade de Moscova. É considerado o maior parque nunha cidade de tamaño considerable. O parque tamén é coñecido como "A taiga da cidade", onde poden verse alces en liberdade. TransporteTransporte da CidadeA cidade de Moscova posúe 5 aeroportos : o Aeroporto Internacional Sheremetyevo , o Aeroporto Internacional Domodedovo, o Bykovo, o Aeroporto Internacional Ostafievo e o Aeroporto Internacional Vnukovo. O Aeroporto Internacional Sheremetyevo e o punto de entrada máis común entre os pasaxeiros estranxeiros aínda que os outros aeroportos tamén serven á cidade , con vós a outras repúblicas federais rusas e ós estados da antiga Unión Soviética. O Aeroporto Internacional Domodedovo é o aeroporto máis importante de Rusia en número de pasaxeiros. Aparte do transporte aéreo ,Moscova posúe varias estacións de ferrocarril que serven á cidade. A Estación de tren Belorusskiy, a Estación de tren Kazanskiy, a Kievskiy, a Kurskiy, a Leningradskiy, a Paveletskiy, a Rizhskiy, a Savyolovsky , e a Estación de tren Yaroslavlskiy localizadas todas elas preto do centro da cidade , uníndoa con cidades de europa e asia , e importantes cidades rusas como San Petersburgo, a segunda cidade máis grande de Rusia. Moscova tamén e a última parada do tren Transiberiano, que atravesa 9300 quilómetros dende Vladivostok. Moscova tamén posúe dúas estacións de pasaxeiros no seu río , a (South River Terminal e a North River Terminal ou (Rechnoy vokzal) rutas regulares dos cruceiros que navegan polo Moskva e o Oka. North river terminal, foi construída no ano 1937 e é a máis utilizada para viaxes de longa duración . Aparte disto , Moscova tamén ten unha estación de autobús para longas travesías, a (Terminal central de Buses de Moscova) na cal circulan diariamente 25.000 pasaxeiros. Transporte LocalO transporte local máis coñecido de Moscova é o Metro de Moscova, coñecido polos seus murais , mosaicos , e candeeiros . Cando se abriu por primeira vez no ano 1935 , só posuía unha liña . Hoxe en día , o Metro posúe 12 liñas , a maioría interiores , con 172 estacións de metro. O Parque Pobedy ("Parque de Vitoria"), completado no ano 2003, é a estación de metro máis profunda do mundo, o cal posúe as Escaleiras Mecánicas máis longas de Europa. A estación de Metro de Moscova está no top10 de terminais de Metro en número de pasaxeiros , e ten plans de expandirse aínda máis por toda a cidade. Moscova tamén posúe unha liña de monorraíl, que salva os problemas do Metro en Moscova. Os buses da cidade son moi frecuentes , a miúdo pasan máis de un nun minuto. Todas as grandes rúas de Moscova son servidas polo menos por unha liña de autobús.Tamén hai tranvías e trolebuses. Na cidade hai máis de 2,6 millóns de automóbiles, cifra que crece ano tras ano e que está a provocar moitos problemas de aparcamento. Referencias
Véxase tamén
Questions for article: about balsoi teatr, balsoi teatr, balsoi teatr moscow, balşoi teatr, capitala rusiei moscova, fus orar penza, kremlin basil balsoi, moscova, capitala rusiei, moscow theater balsoi, moskova kazanskiy vokzal, raul moska |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
IHS Europe: Infrared Heating Systems for Home and Business.