Mondoñedo

Article on other languages:

Vista xeral de Mondoñedo
Xentilicio[1]: Mindoniense
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Mariña Central
Poboación: 4.701 hab. ({{{ano poboación}}})
Área: 142,7 km²
Densidade: 32,94 hab./km²
Entidades de poboación: 15 parroquias
Capital do concello:
Alcalde: Orlando González (BNG)
Concelleiros: BNG: 4 concelleiros
PPdeG: 4 concelleiros
PSdeG-PSOE: 2 concelleiros
Outros: 1 concelleiro
Eleccións municipais en Mondoñedo
Galegofalantes: 98,08 %

Mondoñedo (xentilicio: Mindoniense) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central da que é a capital a pesar de seres a terceira cidade en poboación, despois de Foz e Burela. A vila ten unha poboación de 4.701 habitantes (2007)[3], unha densidade de poboación de 32,94 hab./km², e unha superficie de 142,7 km². Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol, aínda que o bispo reside nesta última. Foi capital dunha das sete provincias galegas históricas até 1833.

O concello de Mondoñedo atópase na metade norte da provincia de Lugo; fai fronteira polo norte cos concellos de Alfoz e Foz, polo sur, coa Pastoriza e Riotorto, polo leste, con Lourenzá e polo oeste, con Abadín. A poboación de Mondoñedo distribúese ao longo das 15 parroquias que forman o concello.

O seu casco vello foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1985, nel destacan a praza da catedral, monumento nacional construído no século XIII e cara onde conflúen todas as rúas da vila. En Mondoñedo destacan outros edificios coma o Santuario dos Remedios, construído a mediados do século XVIII, o Hospital de San Paulo, construído na mesma época, o Convento da Concepción, o Mosteiro dos Picos e o Seminario Conciliar. A paisaxe arquitectónica da vila caracterízase polos tellados de lousa das casas que rematan nuns picos de pedra típicos chamados "ameas" para protexerse contra o vento. A vila de Mondoñedo é un dos puntos polos que pasa o Camiño de Santiago, sendo lugar de descanso para os peregríns. Aparece vencellada historicamente coa diocese de Britonia-moi posibelmente abranguendo terras entre a serra do Xistral e a foz do rio Navia- e coa chegada de poboacion bretona[1] procedente da Illa do mesmo nome no seculo V. Entre estes sobrancea a figura do bispo Mailoc[2]

O val no que se atopa o concello conserva numerosos restos arqueolóxicos como dolmens, castros, coma o de Zoñán e petróglifos, os cales amosan que xa existían asentamentos na vila dende o neolítico.

A vila de Mondoñedo tamén destaca polos seus atractivos naturais entre os que destacan a Cova do Rei Cintolo, situada no lugar de Supena na parroquia de Argomoso e que cos seus 7.500 metros de lonxitude constitúe a maior cova de Galicia[4], e os saltos naturais de A Fervenza, formada polo río Tronceda afluente do Masma e o Salto do Coro, formado polo río Valiñadares.

O concello de Mondoñedo tamén é coñecido por ser a vila de nacemento do escritor Álvaro Cunqueiro, considerado un dos grandes autores da literatura galega, do compositor Pascual Veiga, autor da música do himno galego, do escritor do rexurdimento Manuel Leiras Pulpeiro, e do xornalista e poeta Antonio Noriega Varela entre outros.

Índice

Xeografía

Demografía

A evolución demográfica do concello presenta unha perda demográfica dende principios do século XX. Dende a década de 1900 ata a década dos 40 os censos decenais mostraban unha progresiva mingua da poboación mindoniense, ata o momento en que ten lugar unha certa recuperación vencellada á finalización da Guerra Civil (1936-1939), empezando de novo a diminución da poboación ata a década dos 70, a partires da cal produciuse un estancamento da poboación ata o día de hoxe. A consecuencia desta disminución da poboación é debido ao crecemento vexetativo de signo negativo e a emigración (1950-1970)

No entanto, nos últimos anos, o aumento da taxa de natalidade e a crecente chegada de inmigrantes á cidade auguran, cando menos, unha estabilización da situación. En Mondoñedo, actualmente, o índice de natalidade vai en aumento. Se ata finais do século XX o índice descendía co paso dos anos, a partires do 2001 comezou unha importante tendencia ascendente. Chegouse, nun único lustro, a case duplicar os valores de natalidad obtidos no ano 2000.

Outro factor importante á hora de falar de tendencias demográficas é a inmigración. Nos últimos anos medrou considerablemente o número de persoas chegadas ao concello dende fóra de España. Os inmigrantes, en boa parte africanos e americanos, veñen traballar maioritariamente no sector da construción. Se no ano 1996 só residían 11 estranxeiros en Mondoñedo, situación que se mantivo ata 1999, os datos do último censo confirman un considerable incremento. En 2006 xa había 136 estranxeiros na cidade, dos cales 36 chegaran de África e 55 de América.

Evolución da poboación de: Mondoñedo - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 10.590  8.673  8.533  6.946  4.904
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Historia

A primeira mención a Mondoñedo é de 1112: a raíña Urraca traslada a Sé Episcopal de San Martiño de Mondoñedo a Vilamaior do Val de Brea, ou Valibria, a actual Mondoñedo [3]. En 1156 Afonso VII concédelle a categoría de cidade. A Sé Episcopal trasladouse a Ribadeo entre 1182 e 1230 para fomentar o poboamento desta vila.

O episodio máis sonado da historia antiga de Mondoñedo foi a decapitación do mariscal Pardo de Cela. Acusado de traizón e apresado no seu castelo da Frouseira, a súa muller obtivo o perdón da raíña Isabel a Católica, pero os inimigos do Mariscal detiveron os portadores do indulto real na ponte do Pasatempo o tempo preciso para que fose executado.

Patrimonio histórico e artístico

Catedral de Mondoñedo en día de feira, coa estatua sedente de Cunqueiro á esquerda
Hospital de San Paulo
  • Hospital de San Paulo, construído tamén na mesma época. Por riba da porta destacan o escudo de Mondoñedo e o propio de Sarmiento.

Disque Sarmiento tiña a "doenza da pedra" polas moitas construcións que fomentou e que quixo abrir unha canle polo Masma para traer a auga do mar até Mondoñedo.

A cinco quilómetros atópanse as Covas do Rei Cintolo.

Persoeiros de Mondoñedo

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Mondoñedo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Lugares de Mondoñedo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondoñedo vexa: Lugares de Mondoñedo.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Mondoñedo

Argomoso (San Pedro) | O Carme (Nosa Señora do Carme) | A Couboeira (Santa María Madanela) | Figueiras (San Martiño) | Lindín (Santiago) | Masma (Santo André) | Mondoñedo (Nosa Señora do Carme) | Oirán (Santo Estevo) | Os Remedios (Nosa Señora dos Remedios) | San Vicente de Trigás (San Vicente) | Santa María Maior (Santa María) | Santiago de Mondoñedo (Santiago) | Sasdónigas (San Lourenzo) | Vilamor (Santa María) | Viloalle (Santa María)

Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


Ligazóns externas

Referencias

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201001002 Censo 2007 Lugo
  4. http://www.mondonedo.net/content/view/35/52/lang,gl/ Cova do Rei Cintolo


Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.