Metro

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Metro (homónimos).
Metro patrón en platino iridiado

O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Defínese como a distancia marcada nunha barra de platino e iridio conservada no Museo de Pesas e Medidas de Sévres, en París. Tamén se define como a 10.000.000 parte do cadrante do meridiano terrestre.

Actualmente, o metro definese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no vacío, durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.

Dá orixe a diversas unidades compostas ou derivadas, como:

Índice

Múltiplos e submúltiplos

No Sistema Internacional de Medidas (SI) son usados múltiplos e divisións do metro:

1 metro equivale a
10-24 yottámetros 101 decímetros
10-21 zettámetros 102 centímetros
10-18 exámetros 103 milímetros
10-15 petámetros 106 micrómetros
10-12 terámetros 109 nanómetros
10-9 gigámetros 1010 ångströms
10-6 megámetros 1012 picómetros
10-4 miriámetros 1015 femtómetros
10-3 kilómetros 1018 attómetros
10-2 hectómetros 1021 zeptómetros
10-1 decámetros 1024 yoctómetros

Equivalencia

  • 1 polgada = 1" = 25,4 mm = 0,0254 m
  • 1 pé =1'= 30,4799 cm = 0,304799 m
  • 1 iarda =1 yd= 0,914399 m
  • 1 milla terrestre = 1.609,3 m
  • 1 milla marítima = 1852 m


Historia da definición do metro

A liña do tempo amósanos como foi mudando a definición do metro en distintas épocas:
  • 1983-10-21: defínese ao metro coma a distancia percorrida pola luz no vacío durante 1/299 792 458 segundo.
  • 1960-10-20: defínese ao metro como 1.650.763,73 oscilacións no vacío de onda da radiación emitida polo salto cuántico entre 2p10 e 5d5 dun átomo de 86kriptón.
  • 1799-12-10: defínese ao metro coun patrón de prata (o primeiro patrón, construido o 23 de xuño dese mesmo ano).
  • 1791-03-30: defínese ao metro como a diez millonésima parte dun meridiano dentro dun cadrante (un cuarto da circunferencia polar da terra).
  • 1790-05-08: defínese ao metro coa distancia percorrida por un péndulo determinado que ten un hemiperíodo dun segundo.


Ligazóns externas

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.