|
Article on other languages:
|
Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.
GeografíaMesopotamia constitúe un val aluvial [1] conformado polos ríos Tigris e Éufrates que fixeron da rexión unha terra fartureira no medio de rexións áridas ou montañosas. Distínguense dúas zonas, o norte ou Alta Mesopotamia, territorio de altiplano con vales encaixados, con chuvias regulares que permiten a existencia da agricultura e o sur ou Baixa Mesopotamia, zona de chairas onde se practica unha agricultura de irrigación. Historia
Despois do -8000 coa finalización da última glaciación cuarternaria produciuse en varias partes o desenvolvemento da agricultura e a gandería, o home comezaba a producir o seu propio alimento e Mesopotamia foi pola súa xeografía e pola abundancia de cereal bravo unha das rexións onde se deu este paso.[2]As excavacións de Jarmo [3]testemuñan a importancia da agricultura no neolítico no norte de Mesopotamia. Este desenvolvemento da agricultura trouxo consigo novos descubrimentos e progresos: o pico, a fouce e o arado, a olería e a cestería O sur da rexión os sumerios, que construiron primeiras cidades das que ten coñecimento a humanidade, como Ur e Lagash, foi un proceso longo desde os primeiros asentamentos permanentes datados no 5500 a.C. ata as primeiras cidades xa no 3500 a.C.[4] As cidades foron erixidas sobre outeiros e fortificadas para que se puidesen defender da invasión doutros pobos que buscaban un mellor lugar para vivir. Eran cidades-estados: cada cidade era independente e tiña o seu propio goberno. A sociedade faise máis complexa, aparece unha industria artesanal especializada[5] e o comercio non só local senón entre as cidades. A Mesopotamia tamén é coñecida como o "Crecente Fértil", (de Lúa crecente), por ter o formato dunha Lúa crecente e de ter un chan fértil. -Invención do arado e da roda. -Primeiras aldeas. -Cultivo de cereais. -Cerámica. -Civilización sumeria. -Primeiras cidades. -Foron criados a escrita e o sistema de numeración. -Sargón I de Acadia unifica a Mesopotamia. -Primeira civilización asiria. -Invasión dos hititas. -Primeiro imperio babilónico. -Reino de Hamurabi. -Fin do reino babilónico e dominación asiria na Mesopotamia. -Destrución do Imperio Hitita. -Nabucodonosor de Babilonia unifica o reino. -Segundo Imperio Babilonico. -Nace o reino de Israel. -Reino dos medos. -En Babilonia: Reino de Nabucodonosor II. -Ciro, o Grande, conquista Ecbatana, capital dos medos, e Babilonia. -Inicio do reinado persa. -Alexandre Magno derrota os persas e conquista a Mesopotamia. Pobos da MesopotamiaA Mesopotamia foi unha rexión por onde pasaban moitos pobos nómades oriúndos de diversas rexións. A terra fértil fixo que algúns deses pobos se establecesen aí. Da convivencia entre moitas desas culturas floreceron as sociedades mesopotámicas. SumeriosOs sumerios, asentados na rexión desde o 3.500 a.C. foron os creadores dunha auténtica civilización urbana. Desde o cuarto milenio a.C., realizaban obras de irrigación e utilizaban técnicas de metalurxia do bronce. Empregaban unha escrita cuneiforme. A súa organización social influenciou a moitos pobos que os sucederon na rexión. BabiloniosNo inicio do segundo milenio a.C., a rexión da Mesopotamia constitúese nun grande e unificado imperio que tiña como centro administrativo a cidade da Babilonia, situada nas marxes do río Éufrates. O soberano que máis se destacou foi Hamurabi, elaborando leis que ficaron coñecidas como código de Hamurabi. Despois de súa morte, a Mesopotamia foi abalada por sucesivas invasións, ata a chegada dos asirios. AsiriosDe orixe semita, os asirios vivían do pastoreo e habitaban as marxes do río Tigre. A partir do final do segundo milenio a.C., pasaron a se organizar como sociedade altamente militar e expansionista. Realizaron diversas conquistas e expandiron o seu dominio para alén da propia Mesopotamia, chegando ao Exipto. O centro administrativo do imperio asirio era Nínive. CaldeosPobo de orixe semita que se estableceu na Mesopotamia no inicio do primeiro milenio a.C., os caldeos foron os principais responsabeis pola derrota dos asirios e pola organización do novo imperio babilonico. Nabucodonosor foi o soberano máis coñecido dos caldeos. Gobernou por case sesenta anos e despois de súa morte os persas dominaron o novo imperio babilonico. Personalidades históricas da MesopotamiaCidades e Rexións históricas da MesopotamiaNotas
Véxase taménLigazóns externas
Babilonia-Brasil |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.