Mauritania

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
الجمهورية الإسلامية الموريتانية
Al-Jumhuriyah al-Islamiyah al-Muritaniyah
République Islamique de Mauritanie
República Islámica da Mauritania

Imaxe:Maurarms22.PNG
Bandeira da Mauritania Brasón
Lema: Honneur, Fraternité, Xustice
(Honra, Fraternidade, Xustiza)
Lingua oficial árabe (oficial), wolof (lingua nacional), francés, hasaniya, pular (nacional), soninke (nacional)
Capital Nouakchott
18º09’ N, 15º58’ W
Presidente da Xunta Militar Ely Ould Mohamed Vall (líder interino do Consello militar para a xustiza e a democracia)
Primeiro ministro Yahya Ould Ahmed El Waghev
Área
 - Total
 - % water
28o lugar
1,030,700 km²
Despreciabel
Poboación
 - Total (2000)
 - Densidade
132º lugar
2,667,859
2.6/km²
PIB (PPP)
 - Total (Year)
 - PIB per capita
Posición 148
US$4.891 mil millóns
US$1.700
Moeda Ouguiya
Fuso horario UTC
Independencia
  - Data
de Francia
  28 de novembro do 1960
Hino nacional Hino Nacional da Mauritania
TLD (Internet) .mr
Código telefónico 222

A Mauritania é un país da África Occidental, limitado a norte polo Marrocos, a leste e a sur polo Mali, a sur polo Senegal e a oeste polo Océano Atlántico. É un dos países máis próximos a Cabo Verde. Capital: Nouakchott.


Índice

Historia

Os restos de material lítico mostran o poboamento de mauritania durante o Paleolítico Inferior. Fican tamén algúns restos de pinturas rupestres, aínda que pobres en comparción con os do Tassili, e que corresponden aos pobos gandeiros do Neolítico. A partir do terceiro milenio, a desecación do Sahara forza as poboacións a emigrar cara o sur, para a conca do río Senegal e máis ao sur aínda. O baleiro é paulatinamente cuberto por poboacións bérberes vindas desde o norte, sobre todo desde os últimos séculos do primeiro milenio antes do cambio de Era, mercé a introducción desde oriente do camelo.

Nos primeiros séculos da era cristiá, porén, o dominio sobre o territorio corresponde ao reino de Ghana, de poboación negra. Este dominio do ghanese mantense até o século X, controlando o comercio de ouro, sal e escravos cara o norte do Maghreb. No século XI, poboación bérberes, con centro en Tarsina, emprenden unha revolución relixioso-militar, que levará ao dominio do Sudán occidental, e a creación da seita islámica dos almorábides, que se expandirá logo para o norte maghrebí e até o Al Andalus. En 1143 este estado afúndese ante a aparición dunha nova seita: os almohades, que continúan o dominio bérber. A partir da segunda metade do século XIII, os hassaniya, árabes, impoñen o seu dominio, crando o sistema de estamentos, que sen grandes variación perdurou até as portas do século XXI. O estrato superior monopolizando as xefaturas, os xeques, corresponde aos tales hassaniya; no estrato intermedio colócanse os zenagga, bérberes vasalos dos anteriores; no estrato inferior están os escravos negros. O sistema económico segue a ser o dos séculos anteriores: comercio de escravos, ouro - estes enviados ao norte polas rutas transaharianas - e sal.

Desde a segunda metade do século XV, os contactos con os europeos aumentan desde que os portugueses fundan feitorías na costa. Agora boa parte do comercio de escravos desvíase para eses enclaves litorais.

A partir do final da era napoleónica, os franceses emprenden a penetración no río Senegal, no sur do Mauritania. En 1912 o país fica baixo o seu protectorado, e desde 1920 é formalmente unha colonia dentro da África Occidental Francesa, que é dirixida desde a cidade de Saint Louis, Senegal. Logo dunha fase de autonomía a fins da década de 1950, o 28 de novembro de 1960, Mauritania logra a súa total independencia, organizándose como unha República Islámica.

Política

Subdivisións

Mauritania está dividida en 13 wilayas. Cada wilaya está, a súa vez, subdividida en mughataaou distritos (52 en total).

Wilaya Capital
1 Adrar Atar
2 Assaba Kiffa
3 Brakna Aleg
4 Dakhlet Nouadhibou Nouadhibou
5 Gorgol Kaedi
6 Guidimagha Selibaby
7 Hodh Ech Chargui Néma
8 Hodh El Gharbi Aiun el-Atrouss
9 Inchiri Akjoujt
10 Nouakchott Nouakchott
11 Tagant Tidjikdja
12 Tirit Zemmour Zouerate
13 Trarza Rosso

Xeografia

Mauritania ten fronteiras con Alxeria, o Sahara Occidental (controlado por Marrocos desde o Tratado de Madrid), Mali e máis o Senegal. Trazadas polos colonizadores franceses, explícanse así a dereitura das liñas.

O país divídese en catro rexións naturais. Ao longo do litoral atlántico exténdese unha grande área arenosa que corresponde ao deserto do Sahara. A rexión central está salpicada de planaltos escarpados. No leste aparecen as grandes cubetas dunares. O río Senegal excavou un longo val na fronteira meridional: é a cuarta rexión. Un segundo curso fluvial importante é o Karakoro. O clima é extremadamente árido, o que explica a débil densidade populacional.

Economía

Mauritania posúe certas cantidades de reservas de petróleo e de gas ubicadas nas súas augas territoriais. Ademais conta con áreas de ouro e de diamantes. Cóntase con tales reservas para tentar relanzar economicamente o país.

A minería do ferro é importantísima, de modo que se coida que a mina a ceo aberto de Zouerat é a maior mina férrica activa do mundo. Vencellado á súa explotación figura o ferrocarril de Snim, que posúe a Sociedade Nacional Mineira, con un tren considerado como o máis longo da Terra (2,400 km e 254 vagóns), que transporta o mineral desde a mina até a costa.

Outra importante actividade é a pesqueira, vencellada á explotación dun mar territorial mauritano, que nesta altura está considerado como o máis produtivo do mundo. O centro pequeiro está na cidade de Nuadhibu (ou Nouadhibou en escrita á francesa), situada no litoral norte do país.

Demografia

Consonte estimacións do ano 2007, a poboación mauritana alcanzaba os 3.270.065 de habitantes, mentres a esperanza de vida era tan só de 53,12 anos (estimacións de 2006). Desde un punto de vista étnico, a poboación estaba composta de árabes nun 30% (o termo árabe refírese na súa maior parte a descendentes de bérberes), e un 30% de negros; mentres que eran cualificados como individuos de orixe mixta (árabe-negro) un 40%. O contraste de persoas é unha característica saliente da poboación de Mauritania: baste lembrar que a escravitude foi legalmente abolida aínda en 1981, mais segundo datos de SOS Esclaves en 2007 había 600.000 escravos no país. Recentes leis castigan a pose de escravos .

Un 99,84% dos habitantes profesa a relixión islámica, na súa maior parte sob a confesión sunnita.

A língua oficial é o dialecto árabe denominado hassaniya. Ademais o francés está estendido abondo. Son usadas tamén diversas línguas africanas, nomeadamente o wolof, pular e soninke. Aínda que faltan datos máis precispos, sobreviven aínda falantes dunha variante bérber, o zenaga, que presenta numerosas peculiaridades a respeito doutros falares bérberes.

Cultura

Data Nome en galego Nome local Observacións


Tópicos diversos


Países membros da Unión Africana
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibuti | Zambia


Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Seixeles | Senegal | Serra Leona | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibutí | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Mayotte | Melilla | Illa de Reunión | Sáhara Occidental

Article keywords: air mauritania, capital mauritania, africa mauritania, hotel mauritania, culture mauritania, cabin mauritania, mauritania tourism, corps mauritania peace, history mauritania,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.