Malaui

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Bandeira de Malaui Brasión de armas de Malaui
(en detalle) (en detalle)
Lema: Unity and Freedom
Inglés: Unidade e Liberdade
Imaxe:LocationMalawi.png
Linguas oficiais Inglés e Chichewa (nacional)
Capital Lilongwe
Presidente Bingu wa Mutharika
Área
- Total
- % auga
99º
118.480 km²
20.6%
Poboación


- Total
- Densidade

69º


12.884.000
109/km²

Independencia


- Data

do Reino Unido


6 de xullo, 1964

Moeda Kwacha (D)
Fuso horario UTC +2
Himno nacional Mlungu salitsani Malawi (Deus abenzoe Malawi)
TLD (Internet) .MW
Código telefónico 265

Malaui é un país situado en África Oriental, limita polo norte e polo leste con Tanzania, polo leste, sur e oeste con Mozambique e polo oeste con Zambia. A capital é Lilongwe e a cidade máis poboada Blantyre.


Índice

Historia

Os habitantes históricos orixinarios, khoisánidos (bosquimanos), foron expulsados do país con a chegada dos pobos bantos provenientes do norte. O país foi coñecido polos occidentais a través das exploracións dos portugueses desde o século XVIII.

A partir de 1859 foi explorado polo Dr. Livingstone A finais do XIX os británicos tomaron pose da zona, e dérolle o nome de Nyasaland, pasando a formar parte logo da colonia de Rodesia e Nyasaland. Na década de 1950, Hastings Kamuzu Banda, regresou ao país, para liderar o Partido do Congreso de Malawi (Malawi Congress Party ou MCP). Gran Bretaña concedeulle a independencia en 1964, con Hastings Banda como presidente.

O seu goberno acabou por converterse nunha ditadura, autoproclamándose presidente vitalicio no ano 1971.

A presión das igrexas de Malawi e máis da comunidade internacional impuxéronlle ao réxime un referendum, que se celebrou o 14 de xuño de 1993. Malawi votou a favor dun sistema democrático pluralista.

As primeiras eleizóns o 17 de maio de 1994, déronlle a vitoria á Fronte Democrática Unida (United Democratic Front ou UDF) de Bakili Muluzi, que se unirá con a Alianza para a Democracia (Alliance for Democracy AFORD). Muluzi foi eleito presidente.

Muluzi impulsou unha nova constitución, que derrogou os privilexios residuais do MCP. No 15 de xuño de 1999, Muluzi foi reelixido fronte unha coalición formada polo MCP e o AFORD.

En maio de 2004, o candidato á UDF, Bingu wa Mutharika, venceu o candidato do MCP. Con todo a UDF non logrou a maioría parlamentaria precisa, polo que formou un Goberno de Unidade Nacional. Bingu wa Mutharika abandonou en tanto a UDF.

Política

Desde o ano 1994 Malawi está dotado dun democrático.

Consonte a constitución de 1995, o Président é elixido por sufraxio universal cada 5 anos. O Presidente pode nomear un Vicepresidente pertencente a un partido político. Os membros do gabinete presidencial poden ser escollidos polo Presidente.

A Asemblea Nacional está composta por 193 deputados eleitos tamén por cinco anos.

A Constitución prevé tamén un Senado de 80 escanos, que representa a todas as rexións así como os grupos con intereses específicos, tales, por exemplo, as mulleres, a mocidade ou os discapacitados; mais tal institución non existe polo de agora.

A Constitución prevé un sistema xudiciario independente, baseado no modelo inglés, cunha Corte de primeira instancia, unha Alta Corte e unha Corte Suprema de apelación.

A administración local está dividida en distritos, so a responsabilidade dun gobernador nomeado polo goberno central.

Subdivisións

O territorio malewiano está dividido en tres rexións, Central, Norte e Sur. Estas, á súa vez, están subdivididas en 29 distritos, que a súa vez se dividen en 137 xefaturas tradicionais e 68 sub-xefaturass. Os distritos son:

Xeografía

País de elevados planaltos, os Shire Highlands no sur e os Nyka Uplands ao norte, Malawi ten o seu culme a 3.048 m no monte Mulanje.

O Rift Valley atravesa o país de norte a sur. Nesta enorme depresión atópase o lago Malawi, o terceiro en tamaño de África. A súa superficie cubre cerca do 20 % do país. No extremo meridional do lago nace o río Shire, que tributa as súas augas no Zambeze, 400 km máis ao sur, xa en Mozambique. Polo leste e o oeste, o Rift Valley está valado por vastos e elevados planaltos que se erguen entre 900 e 1.200 m sobre do nivel do mar.

No norte, os Nyika Uplands, outra meseta, culmina a 2.600 m ; os Shire Highlands, de 600 a 1.600 m, están dominados polos montes Zomba e Mulanje, que se erguen, respectivamente, até 2.130 e 3.048 m.

No extremo sur do país, a chaira esténdese entre 60 e 90 m s.n.m.. É nesta zona onde se concentra a maior densidade poboacional da África subsahariana.

As illas de Likoma e Chizumulu pertencen a Malawi, aínda que dafeito atópanse entre as augas territoriais de Mozambique, formando uns enclaves.

Lilongwe (capital desde 1974) achégase ao nedio millón de habitantes. Blantyre, principale praza comercial, acolle a sede da Corte Suprema do país (a súa poboación superaba xa a finais da década de 1990 os 500.000 habitantes).

Economía

Malawi ten unha renda per capita de 596 $USD (maio 2008). A súa economia depende grandemente da agricultura. O país ten poucos recursos mineiros explotábeles. Os tres produtos agrícolas de exportación, por esa orde, son: tabaco, e zucre. A presidencia do goberno ten animado, recentemente, aos campesiños a que cultiven outros produtos alternativos, como algodón.[1]. Tradicionalmente Malawi ten sido autosuficiente para o seu alimento básico, o millo, e mesmo na década de 1980 exportou cantidades importantes dese cereal ao países veciños.

A agricultura representa o 38.6% do PIB, acolle arredor do 80% da forza de traballo, e representa sobre o 80% do total das exportacións. Como un 90% da poboación traballa en granxas autárquicas, de agricultura de subsistencia. Os pequenos propietarios desas explotacións producen unha boa variedade de colleitas, incluíndo o millo mainzo[2], chícharos, arroz, casabe, tabaco, cacahuetes e café. O sector agrícola orixina o 63.7% da renda total da poboación rural, un 65% das materias primas do sector industrial e, aproximadamente o 87% do emprego (datos de febreiro de 2007).

A riqueza financeira está, en xeral, concentrada nas mans dunha pequena elite. As industrais de Malawi están, na súa maior parte, situadas nas proximidades da cidade de Blantyre.

Dada a dependencia dos produtos agrícolas, o comercio de exportación é moi sensíbel aos rendementos decrecentes e ás baixadas dos términos de intercambio comercial. Outro factor que impide o desenvolvemento está constituído polos elevados custos dos transportes, que poden comprender un 30% da súa conta de importacións, pois Malawi debe importar a maior parte dos combustíbeles. Ademais contan a baixa preparación dos seus traballadores; as dificultades para conseguir emprego exterior; a escasa calidade das infraestruras (viarias, rede eléctrica, auga e telecounicacións); e os problemas burocráticos internos:corrupción, inadecuación dos impostos e dificultades administartivas para a apertura de empresas.

Demografía

Educación

Na actualidade está escolarizado un 80% da poboación en idade de ir ás aulas de educación primaria. O principal problema radica na elevada taxa de alumnado, que atinxe até 80 educandos, ou máis, por docente.

Durante tres décadas Malawi só contou cunha universidade, a Universidade de Malawi, con vaios "colleges", distribuídos entre a capital, Lilongwe, e máis as cidades de Blantyre e Zomba. En anos recentes foron abertas outras tres universidades, en Mzuzu (Universidade de Mzuzu), Livingstonia e Ekwendeni (Livingstonia University) e máis en Nguludi, cerca de Blantyre (Universidade Católica de Malawi).


Data Nome en galego Nome local Observacións

Tópicos diversos

Notas

  1. http://www.tobaccochina.com/englishnew/content1.aspx?id=16188
  2. Ending Famine, Simply by Ignoring the Experts by CELIA W. DUGGER, NY Times, 12/2/07
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Seixeles | Senegal | Serra Leona | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibutí | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Mayotte | Melilla | Illa de Reunión | Sáhara Occidental

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.