|
Article on other languages:
|
A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no Océano Índico, afastada da costa da África. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a 4a maior illa do mundo. É lar de 5% das plantas e animais do mundo, 80% deles endémicos. Dentre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primatas, tres especies de páxaros endémicas e súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é malgaxe. A principal lingua falada no país é o malgaxe.
HistoriaPoliticaTipo de goberno : república Constitución : 19 de agosto de 1992, por referendo nacional Sistema legal : Basado no dereito civil francés e o dereito consuetudinario malgaxe. Madagascar non recoñece a competencia obrigatoria da Corte Internacional de Xustiza. Sufraxio : Universal (a partir dos 18 anos) Poder executivo : Goberno : Consello de Ministros, nomeados polo Primeiro ministro. Eleccións : O presidente elixese por voto popular para un mandato de 5 anos. O primeiro ministro noméao o Presidente de entre unha lista de candidatos designados pola Asamblea Nacional. Poder lexislativo : Parlamento bicameral Asamblea Nacional : 160 escanos, os membros son elexidos por voto popular directo para un mandato de 4 anos. Senado : Dous terzos dos senadores son elexidos polas Asambleas Rexionales, sendo os seus membros elexidos por sufraxio universal. O terzo restante é nomeado polo Presidente. Tódolos senadores exercen un mandato de 4 anos. Poder xudicial : Corte Suprema, Alta Corte Constitucional Partidos políticos : Association pour la Renaissance de Madagascar ou AREMA, Libéralisme Économique et Action Démocratique pour la Reconstruction Nationale ou LEADER/Fanilo, J'aime Madagascar ou TIM, Union Nationale ou FP, Renouveau du Partí Social Démocrate ou RPSD. Grupos de presión : Mouvement Fédéraliste, Conseil National, Conseil des Églises Chrétiennes de Madagascar ou FFKM Participación en organizaciones internacionales : ONU, UA, FMI, Banco Mundial, OIT, UNESCO, UPU, OMC, ONUDI, OMS, FAO, ISO SubdivisiónsMadagascar está dividido en seis provincias: 1. Provincia de Antananarivo XeografíaMadagascar é unha illa (a máis grande de África e a cuarta máis grande do mundo) que se atopa rodeada integramente polo Océano Índico. Está separada do resto do continente polo canal de Mozambique. Hai que destacar que fai moitos anos Madagascar atopábase unida ao continente, do cal separouse, o que fixo que o aislamento orixinado a raíz de esta separación sexa o artífice da conservación no territorio malgaxe de multitude de especies únicas no mundo. EconomíaVéxase: Economía de Madagascar. DemografíaA poboación malgaxe é predominantemente unha mistura de orixe polinesio e africano. Investigacións recentes suxiren que a illa estivo deshabitada ata a chegada de navegantes polinesios, aproximadamente no século I, a través do sur da India e do leste de África. Migracións posteriores tanto do Pacífico coma de África, consolidaron esta orixinal mistura, e surxiron 18 grupos tribáis distintos. Os trazos polinesios son máis predominantes nas persoas que habitan na parte central da illa, os Merina (3 millóns de persoas) e os Betsileo (2 millóns). Os habitantes das costas son de orixe africano, sendo os grupos costeiros máis grandes os Betsimisaraka (1,5 millóns) e os Tsimihety e Sakalava (700.000 persoas cada un). O idioma é de orixe malaio-polinesio e falase en tódala illa. O francés, antigo idioma colonial, está tamén moi extendido. A maior parte da poboación segue prácticas relixiosas tradicionais, as cales enfatizan os vínculos entre a vida e a morte, na crenza de que a morte une ós seus ancestros no rango da divindade e que os ancestros están moi interesados no destino dos seus descendientes vivos. Cerca do 45% da poboación consta de cristianos, divididos en forma igual entre católicos romanos e protestantes. Cultura
Article keywords: madagascar map, picture of madagascar, madagascar flag, madagascar animal, madagascar game, madagascar soundtrack, madagascar food, madagascar travel, madagascar history, |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.