Lyra

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Lyra
Lyra
Nome Latino Lira
Abreviatura Lyr
Xenitivo Lyrae
Simboloxía a Lira
Ascensión Recta 19 h
Declinación 40°
Área 286 graos cadrados

Rango 52º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante Vega (α Lyrae)

(magnitude ap. 0.03)

Choiva de meteoros
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Agosto

La constelación de Lyra non é grande pero é facilmente identificable pola súa estrela Vega que é o vórtice do denominado "Triángulo de Verán" (as outras dúas estrelas son Deneb, na constelación Cisne e Altair, na Águia).

Índice

Mitoloxía

Cygnus e Lyra.

Segundo a mitoloxía grega, tratase da lira das Musas, que foi inventada por Hermes, este deulla a Apolo, quen lla cedeu ó músico Orfeo, fillo da musa Calíope, para que deleitase á humanidade coa súa música. Cando Orfeo morreu a mans das bacantes de Tracia, a súa lira foi colocada por Zeus entre as constelacións.

Obxectos Notables do espazo profundo

Cabe destacar M57, unha das nebulosas planetarias mellor estudadas cunha magnitude total de 8.8, chamada tamén nebulosa do anel de Lyra estimase que ten entre 6.000 e 8.000 anos de idade; o cúmulo globular M56 a unha distancia de 32.900 anos luz e un diámetro de 85 anos luz; así coma NGC 6791, un cúmulo aberto rico que conta con aproximadamente 300 estrelas. Tamén menciona-los casos das estrelas variables RR Lyrae e Beta Lyrae, que teñen dado nome a dous tipos de variables distintas: a primeira de período corto e a segunda de tipo 'eclípsante'.

Estrelas principais

  • α Lyr (Vega): unha brillante estrela azulada situada a uns 27 anos luz da Terra de magnitude 0,03 que pode verse no cénit durante as noites de verán, é a quinta estrela en brillo do firmamento e a segunda do hemisferio norte (despois de Arcturus); a ´sua clase espectral é A0 V e fica a unha distancia de tan só 25,3 anos luz.
  • β Lyr (Sheliak): un grupo de binarias eclípsantes que ademais dan nome a este tipo de estrela variable, as variables Beta Lyrae (3.45m, pertence a clase espectral B8 II) .
  • γ Lyr (Sulafat): a estrela principal deste sistema estelar múltiple é de magnitude 3,24e clase espectral B9 III.
  • En torno á estrela Delta2 Lyrae existe un pequeno e novo cúmulo de estrelas dispersas, Stephenson 1 [1], formado por uns 240 astros de diversos tipos espectrais e cores entre magnitudes 8 e 14; Delta2 é tamén unha estrela variable vermella (espectro M4 II) de pequena amplitude. En febreiro do 2008 investigadores españois (do Observatorio Astronómico de Cáceres) descubriron que unha das súas estrelas, BD +36 3317[2], é un sistema binario eclípsante cun período de 4.30216 días.
  • ε Lyr: coñecida coma a estrela cuádrupla, ou tamén chamada "a Dobre Dobre" por que cada unha das súas compoñentes máis brillantes están moi pechadas sobre sí (moi próximas ás súas respectivas compañeiras).
  • ζ Lyr, é unha estrela dobre fácil de ver cuns prismáticos, está formada por un astro de magnitude 4,3 e outro de magnitude 5,7 separados por una distancia de 44".
  • RR Lyr, é unha estrela variable que da nome a este grupo de astros púlsantes de corto período (Estrelas RR Lyrae).
  • Kuiper 90 tamén coñecida coma 17 Lyrae C (Gliese 747AB), é unha [[anana vermella] peto de 17 Lyrae, está a 26 anos luz da Terra, o seu período de de 5 anos e ten unha magnitude de 11,26 na banda V .

Véxase tamén

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hydra | Hydrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula

Article keywords: rca lyra mp3 player, lyra mp3 player, lyra 20gb, rca lyra mp3, rca lyra rd2780, rca lyra driver, lyra rca x2400, 2762 lyra rca, rca lyra software,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.