Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo
Lince (en inglés Lynx) é unha constelación do Hemisferio norte, introducida no século XVII por Johannes Hevelius. A orixe do nome debese á pouca luminosidade das súas estrelas, pois precísanse ter ollos de lince para pode-la ver. Para localizar ó Lince hai que buscar entre dúas constelacións moi luminosas, a Ursa Major e Auriga.