Louisville, Kentucky

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Louisville.
Sua localización en Kentucky.

Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699.827 habitantes. É considerada a 16a ou 27a cidade máis grande de Estados Unidos dependendo que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver Nomenclatura, poboación e ranking). O asentamento que despois converteuse na cidade de Louisville foi fundado por unha expedición de trece famílias comandadas polo Coronel George Rogers Clark en 1778 e está nomeada en honra do Rei Luís XVI de Francia.

Louisville está situada na parte nor-central de Kentucky, na fronteira de Kentucky e Indiana situada no único obstáculo natural do río Ohio, as Fervenzas do Ohio. Sua área é de 172,6 km². É a cabeza do condado de Jefferson desde o 2003, os límites da cidade son contiguos aos do condado debido á fusión entre o condado e a cidade. Aínda que se atopa situada ao sur dos Estados Unidos, Louisville é influenciada polas culturas do Medio oeste e do sur, en ocasións refírese a ela como a cidade do sur máis "norteña" ou como a cidade do norte máis "sureña" dos Estados Unidos.[1]

A base da súa economía é a fabricación de whisky e no turismo. A maior fama de Louisville provén de "Os dous minutos máis emocionantes no deporte": o Derby de Kentucky, a carreira de cabalos que é parte da Tripla Coroa de Cabalos Purasangue, que se leva a cabo anualmente nesta cidade, sendo un evento amplamente televisado.

Louisville é a cidade natal de Keno Don Hugo Rosa (conocido como Don Rosa), famoso ilustrador da Walt Disney Company. Tamén foi nesta cidade, onde creceu Nicole Scherzinger do grupo The Pussycat Dolls.


Nomenclatura, poboación e ranking

No censo de poboación do ano 2000, Louisville tiña unha poboación de 259.231 habitantes. Aínda que era por primeira vez menor que a da unión consolidada cidade-condado de Lexington de 260.512. O 7 de novembro de 2000 Louisville e o condado de Jefferson aprobaron un referendo para fusionarse nun goberno consolidado de cidade-condado chamado Goberno do Condado Metropolitano Louisville-Jefferson (nome oficial) e Louisville Metro (nome curto oficial), fusión que se concretou o 1 de xaneiro de 2003. Esta fusión fixo que Louisville fose de novo a cidade máis grande do estado.

O Departamento de Censos de Estados Unidos outorgou dúas cifras diferentes de poboación, para o condado consolidado Louisville-Jefferson lista a poboación estimada do 2005 en 699.827 (16a da nación, coa mesma cifra que o condado Jefferson);[2] para o "balance" do condado Louisville-Jefferson lista a cifra de poboación en 556.429 (27a en poboación).[3] O "balance" é unha designación creada polo Departamento de Censos para describir a porción do condado de Louisville-Jefferson que non inclúe a ningunha das poboacións semi-independentes (como Anchorage, Middletown ou Jeffersontown).[4]

A metodoloxía do censo usa os valores do balance para comparar cidades consolidadas contra outras cidades para propósitos de estatística e categorización, por iso é polo que a cifra menor que a sitúa en lugar 27 é a cifra oficial reportada polo Departamento. Sen embargo, o lugar 16 sigue sendo a afirmación oficial do goberno de Louisville Metro e dos líderes empresariais, ademais amplamente difundida polos medios locais, ata se publicou nos letreiros de camiños nos límites da cidade.

A área metropolitana de Louisville (non debe confundirse con Louisville Metro), tendo 1,2 millóns de habitantes atópase no lugar 43 da lista de áreas metropolitanas por número de habitantes. A área metropolitana inclúe tamén algúns condados do sur de Indiana.


Cidades Irmáns

Notas

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.