|
Article on other languages:
|
A lingua inglesa ou inglés pertence á familia indoeuropea, subfamilia xermánica e grupo occidental. É lingua oficial en Inglaterra (de onde é orixinaria), en Estados Unidos, Australia e moitos países africanos que foron colonia británica. Na actualidade é unha lingua cun gran número de falantes e un maior número de persoas que a entenden, maioritaria en internet e a máis usada internacionalmente a nivel comercial ou científico. Isto débese a que os países de fala inglesa son os de maior importancia económica no mundo actual.
HistoriaNo século V, os invasores xermanos (Anglos e saxóns)dominaron toda a área de Inglaterra, onde se falaban linguas celtas (que hoxe sobreviven só en Escocia, Gales, Cornualles e Irlanda). Os dialectos falados por estes invasores convertíronse no que se coñecería despois coma idioma anglosaxón, do que na actualidade quedan algúns vestixios en zonas costeiras de Alemaña e os Países Baixos. Tamén é salientable a influenza sobre a lingua inglesa que supuxeron os xutos, procedentes de Dinamarca. Máis adiante, os viquingos establecéronse en partes da illa de Gran Bretaña. A súa lingua, o noruegués antigo, tamén interviu na formación do inglés. No ano 1066, os normandos conquistaban Inglaterra. A alta nobreza que gobernou o país dende alí ata tres séculos máis tarde falaba soamente normando, unha lingua d'oïl moi próxima ó francés. Gran cantidade de vocabulario desta lingua filtrouse ó inglés, falado polas clases máis baixas. Así, aparecía o ingles medieval. Tanto a aparición, no século XV, do Great Vowel Shift (ou Gran cambio vocálico) como a extensión, axudada polo goberno e pola imprenta, do dialecto londinense, levaron á definición do inglés moderno. Lingua francaO inglés é probablemente o terceiro idioma do mundo en número de falantes que o teñen como lingua materna: 340 millóns de persoas, sendo o segundo máis falado, despois do chinés mandarín. Se se conta tamén como segunda lingua tería outros 200 mill. de falantes. O inglés, ao espallar Inglaterra a súa lingua por todo o mundo (Imperio Británico), e ao converterse os Estados Unidos de América na maior potencia económica e militar, converteuse de facto na lingua franca dos nosos días. A pesares da existencia doutras linguas internacionais e de idiomas como o esperanto ou a interlingua que buscan o emprego dunha lingua máis neutral, o inglés constitúe hoxe en día o principal idioma de comunicación internacional. Isto débese a que unha "civilización" dominante polo regular non adopta outra lingua, senón que, pola contra impón a súa; esta é a razón pola que en moitos dos paises europeos fálanse linguas derivadas do latín, por ser esta a lingua oficial do imperio romano. Actualmente existen propostas para a neutralidade no uso dunha lingua auxiliar, con todo desde o punto de vista económico perderíanse grandes cantidades de diñeiro que hai que pagar durante o proceso ensino-aprendizaxe, estes son por exemplos as regalías que se pagan polos libros e material didáctico en xeral, ademais dos exames de certificación que hai que renovar cada certo tempo. Dos que se deduce a negativa para adoptar unha lingua internacional diferente ao inglés por parte dos que obteñen proveito con este negocio. Distribución xeográficaO inglés sitúase no terceiro ou cuarto lugar na clasificación de linguas máis faladas no mundo (tralo chinés mandarín, o hindi e o castelán). Sobre 377 millóns de persoas téñeno como lingua nai. Ademais, a lingua inglesa é a segunda lingua máis aprendida no mundo. No século XXconvertiuse na lingua franca mundial en numerosos ámbitos (comercio, negocios, turismo...), en detrimento do francés. Estatus do inglés no mundo:
Hai unha gran cantidade de dialectos do inglés; polo xeral, as diferencias non son tan notables como para que non haxa intercomprensión.
Notas
Ligazóns
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.