Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xuño
Libra (a balanza, símbolo , Unicode ♎), é a sétima constelación do zodíaco no firmamento. Bastante discreta, non ten estrelas de primeira magnitude, estando situada entre Virgo ó oeste e Scorpius ó leste, notablemente máis chamativas. Coma se evidencia polos nomes da súas estrelas máis brillantes, foi nalgún momento parte das pinzas do escorpión: así, Zubenelgenubi (α Librae) significa "pinza do sur" e Zubeneschamali (β Librae) "pinza do norte". Visualmente α e β son as travesas de equilibrio da balanza, mentres que γ e σ son os pratos.
β Librae (Zubeneschamali), a máis brillante da constelación con magnitude 2,61 ha sido descrita frecuentemente como una estrela verde. De tipo espectral B8V é unha estrela 130 veces máis luminosa co Sol.
NGC 5885, tamén unha galaxia espiral, de magnitude 11,8 e situada a 50 minutos de arco ó suroeste de Zubeneschamali (β Librae).
Mitoloxía
Libra, a Balanza.
A constelación, que orixinalmente formaba parte das pinzas de Escorpio, é a mías nova do zodíaco e a única que non representa un ser vivo. Na mitoloxía grega, esta constelación figura coma a balanza sostida por Hera , deusa del matrimonio.