الجماهيرية العربية الليبية الشعبية الإشتراكيةﺍﻟﻌﻆﻤﻰ Al-Yamāhīriyya al-'Arabiyya al-Lībiyya ash-Sha'biyya al-Ishtirākiyya al-'Uzmà
República Árabe Libia Popular Socialista
Libia é un país norteafricano. Limita ao norte co mar Mediterráneo, ao oeste coa Tunisia (459 km) e Alxeria (982 km), ao sur con Níxer (354 km) e Chad (1 055 km) e ao este co Sudán (383 km) e o Exipto (1 115 km). Toma o nome dunha tribo bereber chamada Lebu.
Na Grecia antiga, o termo era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda a Africa do Norte ao oeste do Exipto. As tres partes tradicionais do país son a Tripolitania, Fezzan e a Cirenaica.
Historia
Esta antiga colonia italiana está hoxe populada por aproximadamente 5 368 585 habitantes, a maioría árabe e bereber. Aínda que a lingua oficial sexa o árabe, o italiano e mailo ingles son tamén dabondo coñecidos.
O seu réxime está pouco a pouco sendo admitido pola comunidade internacional, que o rexeitara inicialmente a causa da súa participación en varios atentados terroristas e mailo seu sostén a certos movimentos de rebelion durante os anos 80.
Neste achegamento a Occidente, Libia desmantelou no 2003 o seu programa nuclear.