|
Article on other languages:
|
O karting é un deporte de velocidade que se practica en superficies lisas e asfaltadas, a bordo de karts. As probas describen un trazado chamado circuíto, composto de rectas e curvas, co obxectivo de ser completado no mínimo tempo posible e/ou adiantando ao máximo número de participantes. Karting ou Kart e un tipo de coche de carreiras, provisto dun chasis livián, monopraza, e motor na parte posterior. Dadas as súas características, o karting e o primeiro coche dos pilotos de competición cando son nenos (a partir dos 8 anos). Os Campionatos de España de Karting acollen distintas categorías –todas elas convocadas pola Real Federación Española de Automobilismo (R.F.E. de A.) –, en función da idade dos pilotos e do material utilizado para competir. As categorías e campionatos previstos desde 2006 pola R.F.E. de A. son os seguintes:
As probas de karting ofrecen un gran nivel de espectacularidade no seu desenrolo, aportada principalmente pola alta competitividade existente entre os participantes, así como polas características técnicas dos karts. Aínda tratándose de vehículos de competición aparentemente moi sinxelos no funcionamento, o seu comportamento e a súa condución e equiparable a calquera categoría automobilística do máis alto nivel. Estas circunstancias, unidas a que o karting español está actualmente entre os mellores do Mundo e a que as probas de desenrolo en circuítos onde se pode ver todo o desenrolo da competición e a evolución dos pilotos –rodando sempre moi xuntos e en constantes loitas cerradas-, aportan unha “plástica” o karting moi difícil de encontrar en outras especialidades deportivas, dotando a cada competición dunha grande espectacularidade. Algunhas das grandes promesas de este ano 2007 son: o portugués Thiago Monteiro, o español Vicente Balaguer (vicbala), que debuta nesta copa do mundo e o australiano Mark Webber. A competición de karting celebrase en circuítos especialmente deseñados para iso. Trátase dunhas instalacións cerradas, nas que desde calquera punto se pode ver o desenrolo completo da proba, seguindo a evolución dos pilotos e abarcando a imaxe total do recinto. A estrutura dunha proba de karting consta dos mesmos elementos ou actividades que as categorías superiores dentro do automobilismo deportivo, cas salvidades propias da especialidade. Deste modo, o desenrolo habitual dun meeting do Campionato de España pode seguir o seguinte esquema, por cada unha das categorías: VENRES Verificacións Administrativas e Técnicas Briefing pilotos. SÁBADO Adestramentos oficiais non cronometrados Adestramentos oficiais cronometrados Mangas clasificatorias. DOMINGO WARM-UP CARREIRA 1 CARREIRA 2 |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.