|
Article on other languages:
|
Hydra é a maís grande das 88 constelacións modernas, e foi unha das 48 constelacións que Ptolomeo catalogou. Non debe ser confundida con Hydrus.
Características notablesHidra é a constelación moderna máis grande, cun área de 1303 graos cadrados. A pesar da súa extensión, en Hidra hai só unha estrela bastante brillante, Alfard (α Hya, 30 Hya), de magnitude aparente 1,98. R Hydrae é unha estrela variable Mira, que cambia dende magnitude 3.5 (neses momentos é visible a simple vista) ata 10.9, cando acada esta magnitude só pode ser observada cun telescopio. Hai varias estrelas dobres interesantes en Hydra. Epsilon Hydrae (ε Hya) é unha estrela binaria con compoñentes de magnitudes 3.3 e 6.8, separadas por 2.7 segundos de arco. N Hydrae (N Hya) é unha parella de estrelas con magnitudes 5.8 e 5.9. Struve 1270 (Σ1270) é outra estrela dobre con magnitudes 6.4 e 7.4. Nesta constelación tamén está a fonte de radio Hydra A. Estrelas
MitoloxíaA constelación Hydra aparece coma unha serpe retorcéndose, e así aparece nalgúns mitos gregos. Na mitoloxía grega, Apolo ten coma servente a un corvo. Envíao a buscar auga, pero éste descansa na viaxe para pillar uns figos dunha figueira e, cando finalmente recolle a agua no cráter (vasilla ou cunca), trae tamén unha serpe de auga, coma escusa pola súa tardanza. Segundo o mito, Apolo dáse de conta do engano e enfadado, lanza ó corvo, o cráter e a serpe ó ceo. A orixe da lenda podería vir da proximidade desta constelación coas de Crater, e Corvus. A Hydra foi tamén asociada ó mito da Hidra de Lerna (vencida por Hércules nunha das doce tarefas de Hércules). A súa posición no ceo (baixo a eclíptica) e xunto á constelación Cáncer (preto da súa cabeza) pode se-la orixe de parte do mito. Vésaxe taménLigazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.