|
Article on other languages:
|
Himno Nacional (do lat. hymnu) é unha música ou canción patriótica recoñecida polo goberno dun país como a música ou canción oficial daquela nación. Durante os séculos XIX e XX, co medre dos nacionalismos, a maioría dos países independentes adoptaron un himno nacional oficial. No caso das nacións sen estado o himno adoita ser elaborado ou recollido polos movementos de reivindicación e liberación nacional, e normalmente acaban por ser total ou parcialmente recoñecidos polo estado que ostenta a soberanía, incluso sen que a separación ou independencia se produza. Así cancións como o Himno de Galicia, o Himno de Cataluña, ou o Himno de Euskadi, representan respeitivamente as identidades do pobos galego, catalán e éuscaro, son os seus himnos nacionais, aínda cando estes só teñen recoñecida unha autonomía e non o dereito de autodeterminación. Un exemplo moi ilustrativo de todo o dito áchase precisamente no himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga; foi historicamente defendido polo nacionalismo galego, e posteriormente, coa caída do franquismo adoptado (só unha parte) como himno da nacionalidade histórica como figura no estatuto de autonomía. O nacionalismo, porén, mantén viva a versión completa do mesmo e a súa reivindicación. Article keywords: himno nacional de guatemala, himno nacional de mexico, himno nacional de honduras, letra himno nacional mexicano, himno nacional dominicano, himno nacional de costa rica, himno nacional de colombia, himno nacional de venezuela, himno nacional de el salvador, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.