Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo
Recibe o seu nome do heroe mitolóxico, Hércules e é a quinta constelación en tamaño das 88 constelacións modernas. Tamén era unha das 48 constelacións de Ptolomeo.
Tamén era coñecida esta constelación coma o axeonllado, e Eratóstenes dicía que nela Heracles estaba esmagando cun dos seus xeonllos á serpe que gardaba as mazás das Hespérides.
Higino mencionaba outras posibles personaxes cós que podería identificarse ó axeonllado: Ceteo, o músico Tamiris cegado polas Musas, Orfeo morrendo a mans das mulleres de Tracia, Ixión cós brazos atados, Prometeo encadeado, Hércules loitando cós Ligures ou Teseo levantando a pedra baixo a que estaba a espada do seu pai Egeo.
Visualización Alternativa
Diagrama do xeito alternativo de conecta-las estrelas de Hércules. O heroe é representado nunha pose atlética, sostendo un garrote.
A cabeza do heroe ven formada por un cuadrángulo de estrelas: π Her, η Her, ζ Her e ε Her coñecidas coma o asterismo "Chave de Pedra". Este cuadrángulo está entre dúas estrelas moi brillantes: Vega na constelación de Lyra e α CrB (Gemma, ou Alphecca) na constelación de Corona Borealis. É o gran guerreiro de Kiaish. A perna dereita do heroe dúas estrelas brillantes de terceira magnitude: α Her (Ras Algethi) e δ Her (Sarin). A última é o xeonllo dereito. A perna esquerda contén estrelas máis febles de cuarta magnitude que non teñen designación de Bayer pero si teñen designación de Flamsteed.
A estrela β Her pertence á man dereita extendida do heroe, chamada tamén Kornephoros.
O Cúmulo Globular M13 queda na parte superior da cabeza do heroe, entre as estrelas η Her e ζ Her. É feble, pero pode ser visto a simple vista nunha noite clara. Tamén está o cúmulo globular M92. A orientación tradicional auténtica e coa cabeza coma α Herculis, por que Ras Algethi significa literalmente "cabeza do axeonllado." A man esquerda apunta cara a Lyra dende ó seu ombreiro (Delta Herculis), e Beta Herculis forma o seu outro ombreiro. A súa estreita cintura ben formada por Epsilon e Zeta Herculis. Finalmente, a súa perna esquerda (con Theta coma xeonllo e Iota coma pé) está esmagando a cabeza de Draco, o dragón/serpe que Hércules venceu e sobre a que fai fachenda por toda a eternidade.
Véxase tamén
Outros artigos
Para máis referencias mitoloxicas, vésaxe Hércules.