|
Article on other languages:
|
Acostúmase a entender por heavy metal un tipo de música rock caracterizado por ritmos agresivos acadados mediante o emprego de guitarras fortemente amplificadas e/ou distorsionadas, baterías con dobre pedal e, normalmente, un tema escuro. O heavy metal é un estilo musical derivado do Rock & Roll dos anos cincuenta, e coma estes, dalle á liña de guitarra (eléctrica) un papel principal. Algúns músicos dos anos sesenta comezaron a experimentar incluíndo técnicas de composición contemporáneas, rifts e técnicas propias da música clásica e barroca e cunha certa velocidade de execución. Consecuentemente, fóronse simplificando as bases rítmicas, para que permitisen encadrar nos compases 4x4 do Rock arpexios e secuencias máis propias da música clásica. Ó tempo básico era o correspondente a un rock ou blues bastante rápido (presto ou prestissimo na linguaxe musical), a partires de 140 pulsacións por minuto. Logo de grupos como Deep Purple ou Black Sabbath (ó que moitos califican de primeiro grupo de metal), e os guitarristas coma primeiro Hendrix (aínda que este non fose heavy) e logo Eddie Van Halen ou Yngwie Malmsteen, o metal sufreu unha forte evolución. Segundo as características que primase cada grupo, seguiría unha ou outra variante. Así, por exemplo, o Metal Barroco, igual que no barroco clásico, ten coma característica fundamental o excesivo detalle, os adornos e a complexidade; o Metal Neo-Clásico, no cal predominan os arranxos sinxelos mais completos.
Algo máis que músicaComo estilo, o metal encádrase no movemento post-realista. Os anos da postguerra remataron, o vivir a vida está de moda co rock, mais algúns grupos minoritarios non atopan suficiente nesa moda. Igual que noutras épocas (o Gótico Clásico e o Romanticismo) o fundamental foi mirar atrás, ó pasado, na busca dun mundo máis completo, máis interesante; os heavies, coma moitos outros, voltaron a vista atrás, na busca das súas raíces. Ademais, un novo factor adquire unha forte influenza social: o poder destructivo da bomba atómica, a Guerra Fría, o medo a unha contenda de proporcións catastróficas. O interese polas raíces culturais, ademais de favorecer o desenvolvemento dun estilo musical que encadra dentro de si mesmo case que calquera outro estilo (rock, blues, folk, barroco clásico, romántico, etc.), tivo a inevitable consecuencia de revivir a mitoloxía europea (un tanto apagada pola influencia aplastante da nova cultura americana) asumíndoa como sinal de identitade. De feito, non en van a obra de J.R.R. Tolkien O Señor dos aneis foi publicada en 1956, marcando un novo revivir da mitoloxía. É lóxico entón que influíra moitísimo dunha ou de outra maneira na orda heavy. Nos mundos épicos como os de Tolkien e outros, é onde millor se poden despregar todo ese conxunto de virtudes como a honra, o deber, a ansia da paz (e a gloria nas loitas xustas en contraste coas novas armas de destrucción masiva) das que tanto carece o mundo de mediados e finais do século XX. Máis en xeral as influencias literarias no metal poden abranguer dende Lovecraft ata o mentado Tolkien, pasando por Cervantes ou Shakespeare. Algúns heavies seguen máis as historias épicas coma O Señor dos Aneis e outros preferen as historias de bruxas, de demos ou trasgos, ou ben historias vencelladas á Cabalística, ou ás Cruzadas... En xeral, o tono épico mestúrase cunha certa dose de pesimismo. Así, son continuas as metáforas que aluden ó apocalipse ou á morte. Dende o ponto de vista social, o heavy metal presenta algúns trazos propios, como a ansia de liberdade individual non incongruente cun certo sentido do deber cívico ou medioambiental; Outros trazos dos heavies son comúns con calquera colectivo minoritario que persista máis duns cantos anos, coma o forte sentimento de pertenza ou identificación co grupo. Así, dous dos temas predilectos dos grupos heavies son a Unidade e a Resistencia: algo así como estar Unidos como medio para poder seguir estando Unidos... para poder seguir sendo un mesmo. SubxénerosNon existe no Heavy Metal unha clasificación canónica dos diversos subxéneros. En todo caso, establécense diferenzas pola temática, pola técnica, etc. que poden xerar confusión para calquera non iniciado que pretenda internarse no mesmo. Hai que dicir que esta desorde é habitual noutros xéneros, onde diversificacións estilísticas deben convivir con etiquetas comerciais que non proporcionan información ningunha. Os subxéneros tradicionais, que son os que contan cun maior grao de aceptación, son:
HistoriaAntecedentesO blues americano foi moi popular e influínte entre os primeiros rockeiros británicos; bandas coma os The Rolling Stones e os The Yardbirds adaptaron moitas cancións clásicas do blues, ás veces acelerando o tempo e usando guitarras eléctricas onde as orixinais usaban acústicas. Adaptacións semellantes constituíron o primeirísimo rock, particularmente con Elvis Presley. Os músicos comezaron a explotar as oportunidades da amplificación da guitarra eléctrica, para producir un son máis sonoro, máis discordante. Onde o típico estilo de batería do blues e do rock tendía a constituír un simple ritmo de shuffle, algúns baterías comezaron a usar unha técnica máis muscular, complexa e amplificada para lograr ser escoitados entre as guitarras cada vez máis ruidosas. De xeito semellante, os vocalistas modificaron a súa técnica, incrementando a súa amplitude e presenza, a miúdo chegando a ser máis estilizada e dramática no proceso. Os avances simultáneos na tecnoloxía de amplificación e de grabación fixeron posible capturar esa forza nas gravacións. Os primeiros músicos tradicionalmente identificados como heavy metal chegaron dende a zona de Birminghma no Reino Unido a finais dos anos 60s, con bandas coma Led Zeppelin e Black Sabbath, facendo un aproveitamento dos estándares da música blues para crear nova música, baseándose en escalas e arranxos de blues. Ademais, estas bandas estaban moi influenzadas polos músicos do rock psicodélico americano (nos que se inclúe especialmente Jimi Hendrix), pioneiros en amplificar e procesar a guitarra de blues e rock, actuando coma ponte entre a música negra americana e os rockeiros brancos europeos. Outras influenzas clave inclúen a Vanilla Fudge, así coma The Who e The Kinks (quenes encamiñaron o metal introducindo os power chords e unha percusión máis agresiva), a Cream (como exemplo do que se denominou power trío) e a The Beatles (que cada vez usaban máis distorsión e arranxos heavies como no temperán Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967). Así, moitos sitúan a obra Summertime Blues do álbum Blue Cheer (1968) de Eddie Cochran como a primeira canción heavy metal. Os seguidores dos Beatles citan no seu lugar Helter Skelter, do álbum White (1968), co cal fixan un novo estándar para a distorsión e a agresividade do son nun álbum de pop. Outras posibilidades apuntan ó álbum Truth (1968), de Jeff Beck, xusto antes de que Led Zeppelin lanzara o seu primeiro álbum; ou o single "Think About It" (1968) de The Yardbirds. Tamén debe mencionarse aquí o tema 21st Century Schizoid Man do álbum de debut In the Court of the Crimson King (1969) do grupo de rock progresivo King Crimson. Nel aparecen moitas das características de temática, compositivas e musicais do heavy metal: tono de guitarra fortemente distorsionado, solos discordantes, letras enfocadas ó problema do devir da humanidade no século XXI e incluso o filtrado de vocais a traverso dun equipo de distorsión. Os primeiros grupos de heavy metal (Led Zeppelin, Deep Purple, Uriah Heep, UFO e Black Sabbath, entre outros) son denominados a miúdo como grupos de Hard Rock pola moderna comunidade de heavy metal. Durante os anos 70, en xeral, as etiquetas hard rock e heavy metal son con frecuencia intercambiables. A maiores, moitas bandas que poderían non ser consideradas como grupos de heavy metal per se contribuíron con traballos ou incluso cancións individuais ó xénero. Por exemplo, Jethro Tull non é un grupo de heavy metal nun senso real, mais poucos dubidan que a súa canción Aqualung sexa a quintaesencia da canción heavy metal. Os iniciosEntre 1970 e 1980 prodúcese o asentamento do heavy metal coma un estilo musical propio. Dunha beira, o Glam americano acada audiencias comparables ó estilo pop; doutra, os arranxos clásicos popularízanse dentro da técnica musical (como en Eddie Van Halen e Randy Rhoads); e os álbums Sad Wings Of Destiny (1976), Sin After Sin (1977) e Stained Class (1978) de Judas Priest pon os alicerces do que moitos consideran o máis puro heavy metal, encamiñando de paso o que nos 80 será o NWOBHM (New Wave Of British Heavy Metal). Con Judas Priest as bandas de heavy metal rápidametne comezan a ir máis aló do exclusivo uso da escala de blues pentatónica, para incorporar modos diatónicos nos seus solos. Esta práctica exténdese a tódolos subxéneros do metal, engadíndose contribucións de música clásica ou de jazz (por medio do rock progresivo). A explosión da virtuosidade guitarrística (na que foi pioneiro Jimi Hendrix nunha xeración musical anterior) pode atoparse en Eddie Van Halen, sendo considerado primordial por moitos o solo de Eruption (do álbum Van Halen (1978). Ritchie Blackmore, Randy Rhoads e Yngwie Malmsteen foron os que solidificaron esta explosión de virtuosidade na guitarra. Iconos clásicos coma Liona Boyd tamén chegaron a ser asociados coas estrelas de heavy metal. Nalgúns casos, guitarras clásicas e guitarras con cordas de nylon usábanse en concertos de heavy metal. A diversidade de guitarras hermandadas nun tema onde guitarras conservadoras e agresivas podían soar xuntas chegou a ser unha sorte de marca rexistrada. A diversificación de estilosO Metal actualA orixe do termo "Heavy metal"A orixe exacta do termo "Heavy Metal" referido a un xénero de música é incerta. Durante séculos foi usado en química e en metalurxia (en inglés), e así figura no Oxford English Dictionary. Unha das primeiras aparicións do termo na cultura popular débese a Burroughs, William S, na súa novela The Soft Machine (1962). Ahí aparece a caracterización "Uranian Willy, the Heavy Metal Kid". Posteriormente, na seguinte novela Nova Express (1964), aparece o desenvolvemento do termo como metáfora das drogas adictivas:
Dadas as datas de publicación das novelas, é descartable a intención de Burroughs de relacionar o termo coa música rock, máis os seus escritos influíron posteriormente no uso do mesmo. A primeira vez que aparece o termo nunha letra, aparece na expresión Heavy metal thunder, na canción Born to be Wild de Steppenwolf en 1968 (Walser 1993, p. 8):
Non obstante, o termo heavy entrara xa na contracultura co significado de profundo ou serio. En 1968 publicouse o primeiro disco de Iron Butterfly co título de heavy. Na portada do mesmo explicábase o nome da banda:
Doutra beira, a finais dos anos 60 Birmingham (Inglaterra) continuaba sendo un centro industrial. Dalí son Led Zeppelin, The Move ou Black Sabbath, polo que é posible que exista unha relación entre a expresión metalúrxica e a etiqueta que se acaba impondo como estilo musical destes grupos.
Article keywords: heavy metal music, heavy metal music from the motion picture, heavy metal magazine, heavy metal album, new wave of american heavy metal, heavy metal clothing, city dakota fargo heavy in metal north odyssey rock rural, heavy metal movie, heavy metal music news, |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.