Poll without page-refresh
Article on other languages:
Grus (latín para grúa ) é unha constelación austral. É unha das 20 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597 , e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603 . Un nome alternativo (obsoleto na actualidade) para esta constelación era, Phoenicopterus (Latin para flamengo ), que foi usado en Inglaterra durante o século XVII[1] .
Historia e mitoloxía
Ata o século XVII , Grus foi considerada parte de Piscis Austrinus . Os nomes, en lingua árabe, de moitas das súas estrelas reflexan esta clasificación. Dado que foi creada no século XVII non ten mitoloxía relacionada.
Estrelas
Estrelas principais
α Gruis (Al Nair ou Alnair ), estrela subxigante branco-azulada de magnitude 1,73, a máis brillante da constelación. Atopase a pouco máis de 100 anos luz .
β Gruis , xigante vermella e variable irregular cun brillo que varía entre magnitude 2,0 e 2,3.
γ Gruis (Aldhanab ), xigante branco-azulada de magnitude 3,01.
δ Gruis , denominación compartida por dúas estrelas distintas: δ1 Gruis , unha xigante amarela de magnitude 3,97, e δ2 Gruis , xigante vermella e variable irregular de magnitud 4,12. Pensase que as dúas estrelas non están fisicamente relacionadas.
τ Gruis , denominación compartida por tres estrelas diferentes: τ1 Gruis , estrela amarela a 109 anos luz da Terra onde se descobreu un planeta extrasolar , τ2 Gruis , estrela binaria composta por dúas ananas amarelas , e τ3 Gruis , estrela Am cun espectro peculiar.
ε Gru 3,49; ζ Gru 4,11; η Gru 4,84; θ Gru 4,28; ι Gru 3,88; κ Gru 5,37; λ Gru 4,47; μ1 Gru 4,79; μ2 Gru 5,11; ν Gru 5,47; ξ Gru 5,29; ο Gru 5,53; π1 Gru 6,42; π2 Gru 5,62; ρ Gru 4,84; σ1 Gru 6,28; σ2 Gru 5,85; υ Gru 5,62; φ Gru 5,54
Outras estrelas
Véxase tamén
Referencias
↑ Obsolete Constellations: Phoenicopterus
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Article keywords: grus personnel, construction grus, americana grus, construction grus personnel,