|
Article on other languages:
|
Grenlandia (en Kalaallisut, Kalaallit Nunaat: Terra dos Groenlandeses; en dinamarqués, Grønland) é un territorio da Dinamarca, situada xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a mais grande illa do mundo. Case o 84% da súa superficie é coberta por xeo. Ata 1814 pertenceu á Noruega e, nese ano, pasou ao dominio da Dinamarca.
HistoriaGrenlandia foi a terra nai para un número de culturas Paleo-Esquimós na prehistoria, a derradeira das cales desapareceu arredor do ano 200 AD. Tras isto, semella que a illa estivo deshabitada durante oito séculos. Os colonizadores islandeses dirixidos por Erik o Vermello (exiliado noregués asentado en Islandia) atoparon a terra deshabitada cando chegaron no 982. Arredor de 984 estableceron os asentamentos oriental e occidental en profundos fiordos preto da punta orientada cara ó suroeste da illa, onde prosperaron nos séculos seguinte, e entón desapareceron tras máis de 450 anos alí. Os fiordos da parte sur da illa eran exuberantes e tiñan un clima máis temprado naquel tempo, posibelmente debido ó que foi chamado o Período Tibio Medieval. Estas comunidades remotas prosperaron e viviron da gandería, agricultura, caza e do comercio coa terra nai, e cando os reis noregueses converteron os seus dominios ó cristianismo, foi nomeado tamén un bispo en Grenlandia, subordinado á arquidiócese de Nidaros. Os asentamentos semella que coexistiron de xeito bastante pacífico cos Inuit, que emigraran cara ó sur dende as illas do Ártico de Norteamérica arredor do 1200. En 1261, Grenlandia pasou a formar parte do Reino de Noruega. Tras case cincocentos anos, os asentamentos escandinavos practicamente desapareceron, posibelmente debido á fame do século XV na Pequena Idade de Xeo, cando se deterioraron as condicións climáticas, e o contacto con Europa perdeuse. Os ósos deste período foron atopados cunha condición coherente coa malnutrición. Algúns pensan que os colonos foron exterminados pola ´peste bubónica ou polos Inuit.Modelo:Fact Outros historiadores teñen especulado que piratas españoles ou ingleses ou tratantes de escravos da Costa Otomana contribuíron á extinción das comunidades grenlandesas. Arruinada a colonización, foi redescubierta por Frobisher e Davis (s.XVI). Os primeiros establecementos daneses instaláronse en 1721. O conflito latente entre Dinamarca e Noruega sobre a colonia remite a este ano. As illas vinculadas a Noruega foron separadas dela polo Tratado de Kiel de 1814, a través do cal Noruega foi cedida ó Rei de Suecia, mentres que Dinamarca retivo tódalas súas posesións comúns, que, naquel momento, incluían pequenos territorios na India, África Occidental e as Indias Occidentais, así como as Illas Faroe, Islandia e Grenlandia. Noruega ocupou e reclamou partes da (entón inhabitada) Grenlandia Oriental, alias Terra de Erik o Vermello en xullo de 1931, reclamando que constituían Terra nullius. Noruega e Dinamarca acordaron levar o caso á Corte Permanente de Xustiza Internacional en 1933, onde Noruega perdeu. Durante a Segunda Guerra Mundial, foi crebado o vínculo de Grenlandia con Dinamarca o 9 de abril de 1940, cando Dinamarca foi ocupada por Alemaña. Pola criolita da mina de Ivigtut, Grenlandia poudo pagar por bens mercados nos EEUU e Canadá. Durante a guerra trocouse o sistema de goberno. Eske Brun era gobernador e dirixía a illa por unha lei de 1925 onde o goberno da illa podería, en condicións estremas, ser tomado polos gobernadores. O outro gobernador, Aksel Svane, moveuse ós EEUU como lider da comisión para darlle suministros a Grenlandia. A Patrulla Sirius, gardando as costas nororientais de Grenlandia con trineos de cans, detectou e destruiu varias estacións climatolóxicas alemás, dándolle a Dinamarca unha mellor posición na posguerra. Grenlandia fora unha sociedade protexida e polo tanto illada até 1940. O goberno danés, que gobernaba ás colonias de Grenlandia, estaba convencido de que a sociedade sufriría a explotación do mundo exterior ou incluso a súa extinción si o país abríase. Durante a guerra, porén, Grenlandia desenvolveu un sentido de independencia durante o seu período de autogoberno e comunicación independente co mundo exterior. Porén, unha comisión en 1946 (co máis grande consello grenlandés Landsrådet como participante) recomendou paciencia e unha reforma non radical do sistema. Dous anos máis tarde foi dado o primeiro paso cara a alteración da gobernación de Grenlandia foi iniciada cando fundouse unha grande comisión. En 1950 o estudo (G-50) foi presentado. Grenlandia era unha sociedade do benestar moderna con Dinamarca como exemplo e protectora. En 1953, Grenlandia converteuse nunha parte normal de Dinamarca e o autogoberno foille outorgado en 1979. Organización político-administrativaGrenlandia divídese administrativamente en tres distritos (landsdele): Os nomes daneses queren dicir "Grenlandia Septentrional", "Oriental" e "Occidental", respectivamente. Demografía
Vista aérea da capital Nuuk
Groenlandia ten unha poboación pequena de 56.000 habitantes, dos cales un 87% é do grupo groenlandés, unha mestura das razas Inuit e de europeos. A maioría da población son Cristiáns evanxélicos Luteranos, pola influencia danesa. A lingua danesa e a lingua grenlandesa son as linguas que fala a poboación. Ligazóns externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.