Galaxia

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galaxia (homónimos).
Via Láctea

Unha galaxia é un grande aglomerado de millóns de estrelas e outros obxectos astronómicos (nebulosas de varios tipos, aglomerados estelares, etc.), unidos por forzas gravitacionais e xirando en torno dun centro de masa común.

Índice

A visión dos pobos antigos

Na mitoloxía grega, a Via Láctea, galaxia onde orbita o sistema solar, orixinouse despois de que Hércules apertara con forza o seo da súa nai, Xuno, mentres era amamantado. Xa os seguidores de Pitágoras imaxinábanna constituída por fogos. Outras escolas antigas, consideraban a Via Láctea o antigo camiño do Sol, tal como os ríos deixan súas marcas ao mudar o seu rumbo, a súa marcha permanecía comprobada por un sen fin de ardentes rastros.

Século XVIII

Ata o inicio do século XVIII coñecíase somente a Via Láctea. Por este motivo, moitos astrónomos aínda lle chaman na actualidade Galaxia, con maiúscula. A partir daquela época ata a actualidade, iniciouse o descubrimento dunha cantidade inmensa deses sistemas. En función da cantidade descuberta foron adoptados catálogos utilizando códigos alfanuméricos, isto é, formados por letras e números.

A visión actual

Actualmente, denomínase galaxia un sistema astral composto de numerosos e variados corpos celestes, sobre todo estrelas e planetas, con materia gasosa dispersa, animado por un movimento harmonioso.

No Universo coñecido, as galaxias son os conxuntos máis complexos do Cosmos, nas que o comportamento e a interacción gravitacional abrangue grupos considerados locais (non confundir coa designación Grupo Local) e grupos distantes.

Por exemplo, a galaxia onde se atopa o Sistema Solar, forma parte dun deses agrupamentos, bautizado como Grupo Local, que inclúe a Via Láctea aglomerada con perto de 18 galaxias máis, entre as cales se atopa Andrómeda e varias galaxias-satélites de ambas e outras menores.

A morfoloxía das galaxias

Tipos de galaxias

As galaxias dividense en varios tipos morfolóxicos diferentes segundo a estrutura que presentan. A técnica de clasificación morfolóxica utilizada na súa tipoloxía é primitiva, en virtude do seu carácter meramente descritivo.

Galaxias espirais

As Galaxias espirais son galaxias que presentan grandes brazos de estrelas e nubes de poeira. Estes parecen enrolados en forma de láminas de hélice en espiral (helicoides) partindo dun centro denso chamado “núcleo central”. Cando a súa conformación helicoidal é normal, son distinguidas polos astrónomos coa letra S de Spiral.

  • Galaxias en barra: son as galaxias que teñen brazos helicoidais e núcleo central menos desenvolvidos que os das galaxias espirais normais. O seu núcleo posúe a forma dunha barra, ou presentan unha zona central cilíndrica con brazos espiralados saíndo das extremidades dese cilindro. Seguen o mesmo principio de identificación das Galaxias espirais, se ben algúns astrónomos consideráronnas unha subcategoría das primeiras. As Galaxias en barra son designadas coas letras SB, de Spiral Bar, seguidas das letras a, b ou c, que indican a abertura dos helicoides ou seu paso de hélice.

Considerase que a Via Láctea se asemella bastante á galaxia de Andrómeda, de forma espiral e de tipo é SB (Espiral en barra), e que ambas teñen na súa estrutura dúas partes principais, ou sexa, o seus discos ou núcleos, teñen a forma dunha lente, con densidade estelar bastante alta, e o halo, ou rexión máis externa, dunha densidade difusa.

Galaxias elipticas

Galaxia Elíptica N-32

Na tipoloxía das Galaxias elípticas, aínda están inseridas as Galaxias circulares. Ambas son designadas polos astrónomos coa letra E, e un número comprendido entre 0 e 7. A función deste número é expresar a excentricidade da elipse ou a diferenza relativa entre o seu raio maior e o raio menor (no caso das galaxias circulares usase normalmente a identificación E1).

Galaxias irregulares

Galaxia Irregular Ngc 1427 A

As galaxias irregulares son designadas como Irr polos astrónomos. Non posúen forma definida e algunhas están formadas por deseños e coloracións extrañas, surrealistas. As causas da irregularidade no formato destes sistemas son descoñecidas, así como as causas dos outros tipos morfolóxicos. Algúns astrónomos atribúen a irregularidade de formato ás forzas gravitacionais que aínda non formaron un patrón xiroscópico, o que levaría á suposición de que estas galaxias serían relativamente novas.

A Via Láctea

A Via Láctea é unha gran galaxia espiral e o Sol atópase hoxe en día nun dos seus brazos espirais. Tamén a Galaxia de Andrómeda é unha galaxia espiral. As dúas maiores galaxias-satélite da Via Láctea (a Grande Nube de Magalláns e a Pequena Nube de Magalláns), son ambas galaxias irregulares.

O estudo das Galaxias

A formación das galaxias é un dos obxectos de estudos da cosmoloxía. A teoría máis común sobre a formación é de que, despois do big bang, formáronse os gases; durante o proceso de esfriamento xuntáronse en nubes baixo a influencia da gravitación, e desas nubes orixináronse as galaxias.

Article keywords: sailor galaxia, galaxia game, galaxia night club, galaxia gay gratis, galaxia coral, galaxia video game, radio galaxia, galaxia game download, la galaxia,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.