Poll without page-refresh
Article on other languages:
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: fuso .
As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo . Anteriormente, usábase o tempo solar aparente , de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15° ; porén, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países.
Todos os fusos horarios defínense en relación ao Tempo Universal Coordinado (UTC), o fuso horario que contén Londres .
Vexa tamén: tempo sideral | ecuación de tempo
Un mapa dos fusos horarios do mundo, orixinario da CIA no enderezo electrónico [http://www.cia.gov/cia/publications/factbook/reference_maps/pdf/time_zones.pdf 806KB PDF version
Lista de fusos horarios e áreas cubertas
Os países marcados con *seguen horario de verán : adiantan os reloxos nunha hora durante o verán .
UTC-11
UTC-10 (HST - Hawaiian Standard Time)
UTC-9:30
UTC-9 (AKST - Alaska Standard Time)
UTC-8 (PST - Pacific Standard Time)
UTC-7 (MST - Mountain Standard Time)
Canadá (Alberta *, Northwest Territories *, Nunavut (Mountain)*)
Estados Unidos (Arizona , Colorado *, Idaho (sul)*, Montana *, Nebraska (oeste)*, Novo México *, North Dakota (oeste)*, South Dakota (oeste)*, Utah *, Wyoming *)
México (Baixa California Sur , Chihuahua , Nayarit , Sinaloa , Sonora , Sur, Centro e Leste)
UTC-6 (CST - Central Standard Time)
Belice
Canadá (Manitoba *, Nunavut (Southampton Island), Nunavut (Centro)*, Ontário (Oeste)*, Saskatchewan )
Chile (Illa de Pascua )
Costa Rica
Ecuador (Illas Galápagos )
El Salvador
Estados Unidos (Alabama *, Arkansas *, Illinois *, Iowa *, Kansas *, Kentucky (oeste)*, Louisiana *, Minnesota *, Mississippi *, Missouri *, Nebraska (este)*, North Dakota *, Oklahoma *, South Dakota (este)*, Tennessee (oeste)*, Texas *, Wisconsin *)
Guatemala
Honduras
Nicaragua
Porto Rico
UTC-5 (EST - Eastern Standard Time)
Brasil (estado do Acre )
Canadá (Nunavut (este)*, Ontario *, Quebec *)
Illas Caimán
Colombia
Cuba *
Ecuador
Estados Unidos (Connecticut *, Delaware *, District of Columbia *, Florida *, Xeorxia *, Indiana , Kentucky (leste)*, Maine *, Maryland *, Massachusetts *, Michigan *, New Hampshire *, New Jersey *, Nova York *, North Carolina *, Ohio *, Pennsylvania *, Rhode Island *, Carolina do Sur *, Tennessee (este)*, Vermont *, Virxinia *, Virxinia Occidental *)
Haití
Illas Turks e Caicos *
Panamá
Perú
Xamaica
UTC-4 (AST - Atlantic Standard Time)
UTC-3:30 (NST - Newfoundland Standard Time)
UTC-3
Arxentina
Bahamas *
Brasil (Alagoas , Amapá , Bahia *, Ceará , Distrito Federal *, Espírito Santo *, Goiás *, Marañón , Minas Xerais *, Pará , Paraíba , Paraná *, Pernambuco , Piauí , Rio de Janeiro *, Rio Grande do Norte , Río Grande do Sur *, Santa Catarina *, Sao Paulo *, Sergipe , Tocantins *)
Güiana Francesa *
Grenlandia
Saint Pierre e Miquelon *
Surinam
Uruguai
UTC-2
UTC-1
UTC (WET - Western European Time, tamén chamado GMT)
UTC+1 (CET - Central European Time , tamén chamado MET - Middle European Time)
UTC+2 (EET - Eastern European Time)
UTC+3 (MSK - Moscow Time)
UTC+3:30
UTC+4
UTC+4:30
UTC+5
UTC+5:30
UTC+5:45
UTC+6
UTC+6:30
UTC+7
UTC+8 (AWST - Australian Western Standard Time)
Nota: a China mantén o mesmo horario en todo o seu territorio, o que fai esa zona horaria ser excepcionalmente larga. No extremo oesta da China o Sol está no seu ápice ás 15 h e no extremo este às 11 h.
UTC+9
UTC+9:30 (ACST - Australian Central Standard Time)
UTC+10 (AEST - Australian Eastern Standard Time)
UTC+10:30
UTC+11
UTC+11:30
UTC+12
UTC+12:45
UTC+13
UTC+14